Talleres en colaboración coa Rede Esumo

21/04/2021
A Cámara de Comercio de Santiago en colaboración coa Rede Eusumo ten programadados catro talleres formativos EN LIÑA e GRATUITOS para este primeiro semestre do ano. Estas actividades formativas enmárcanse no programa de actuación 2020 - 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social. XESTIÓN DE CONFLITOS NAS EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL Nas organizacións coma en calquera ámbito o conflito é algo normal, parte da problemática diaria, a forma de afrontar o conflito será o que marque a diferencia entre unha forma de dirección da empresa ou outra. A resolución de forma hostil ou agresiva fronte ó manexo da situación de xeito pacifico e práctico. Debemos ser conscientes de que os conflitos sempre van a existir, por lo tanto, o importante vai a ser a forma como reaccionamos ante estes. É bo que existan diferenzas nas organización, porque a través delas podemos lograr analizar problemas, tomar decisión, elixir obxectivos, determinar estilos de traballo, descubrir o carácter das persoas… “Aprender a manexar conflitos é a parte máis importante da madurez das organizacións”. “O valor do diferente é de extrema importancia nunha organización, é necesario que cheguemos a comprender que somos diferentes e a valorar esas diferenzas” Este Taller celebrarase os días 4, 5, 6, 11 e 12 de maio e o obxectivo é achegar coñecementos e claves para a creación dunha estratexia empresarial valida e adaptada ás características básicas da empresas denominadas de economía social. Ademais, permitirá dispoñer de forma eficaz das ferramentas necesarias para a posta en marcha de Órganos sociais eficaces para o manexo de reunións eficientes e equipos de traballo cohesionados. ENTORNOS DE TRABALLO COLABORATIVOS E REPERCUSIÓN NA EMPRESA SOCIAL Un entorno colaborativo é unha forma de favorecer as persoas no seu traballo individual e cooperativo que implica aspectos organizacionais, técnicos e sociais. Cada día máis organizacións fomentan o que se coñece como entorno scolaborativos, as empresas cada vez teñen máis claro que, para mellorar en produtividade, resulta esencial xerar unha cultura de traballo que acentúa as tarefas en equipo, e por tanto os fluxos de coñecementos. Establecer entornos colaborativos nas empresas é unha tendencia en auxe polos innumerables beneficios que representa tanto para a compañía como para os seus traballadores. Implementar estas metodoloxías de traballo ten unha serie de vantaxes que non sempre son coñecidas nas entornas empresariais. Durante os días 15, 16, 17, 22 e 23 de xuño neste Taller achegaremos coñecementos e claves efectivas para a adecuada xestión empresarial dentro da economía social, pero tamén dende a perspectiva da dixitalización empresarial, a cal permite que a colaboración se extenda en múltiples aspectos. COMERCIO ELECTRÓNICO E REDES SOCIAIS Nos meses de marzo e abril xa se celebraron dous talleres, un de Comercio Electrónico que dotou aos asistentes dunha visión estratéxica de conxunto sobre o comercio electrónico e formáronse para poder autoxestionar unha tenda online básica; e outro de Redes Sociais que dotou dunha visión estratéxica sobre o marketing online e o papel das RRSS, para poder autoxestionar os perfís en redes sociais con criterios profesionais ou para formarse para a realización de campañas sinxelas de publicidade en redes sociais. Tod@s @s interesad@s poden incribirse na web da Cámara de Comercio de Santiago www.camaracompostela.com.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña