Formación Cámara Comercio Santiago Entornos de Traballo Colaborativo

17/06/2021

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela en colaboración coa Rede Eusumo celebrou durante tres xornadas un Taller sobre os Entornos de Traballo Colaborativos e Repercusión na Empresa Social no que se achegaron coñecementos e claves efectivas para a adecuada xestión empresarial dentro da economía social, pero tamén dende a perspectiva da dixitalización empresarial, a cal permite que a colaboración se extenda en múltiples aspectos.Foi unha formación eminentemente práctica, para todos e todas as participantes e aplicable para a xestión operativa nas suas propias empresas.

Belén Polo Casariego, a ponente desta formación mixta, en modalidade presencial e online que resultou un éxito en verbas das participantes non deixou sen tratar ningún dos temas principais nos entornos de traballo colaborativo. Desde a definición da economía colaborativa, as súas características, os seus principios e os valores asociados ás empresas cooperativistas, sociedades laborais e empresas de inserción laboral.

Belén Polo insistiu na estratexia empresarial e a mellora continua e incidiu na proposta de valor da organización e conceptos como a misión ou visión que tratan de respostar a cuestións como: a onde? como? por que?

Na última xornada centrouse na dixitalización empresarial, inherente a mellora continua, tan de actualidade, hoxe en día fundamental na transformación de procesos de traballo como consecuencia da dixitalización da economía. Así coma nas ferramentas TIC para o traballo colaborativo, unha vez pechado o proceso a empresa debe entrar en acción co estudo e o uso de diferentes ferramentas que fomentan o espazo colaborativo tanto insitu como a distancia, tan de actualidade coa presenza do teletraballo.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña