CONTABILIDADE NACIONAL II TRIMESTRE 2021

30/07/2021

Durante o segundo trimestre de 2021, a economía española rexistrou unha intensa expansión en termos interanuais, derivada, principalmente, do efecto estatístico resultante ao comparar o nivel de PIB actual co rexistrado xusto hai un ano, durante a etapa máis dura da pandemia e cando se adoptaron as medidas de confinamento máis estritas. De acordo cos datos do INE, o PIB experimentou un crecemento do 19,8 % interanual, que se trata, en todo caso, do incremento máis importante da serie histórica. Con todo, o seu nivel en millóns de euros aínda está por baixo do rexistrado durante neste mesmo trimestre de 2019, cando non existía crise sanitaria. Respecto ao trimestre previo, o avance do PIB foi do 2,8 %.

Máis información (preme)

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña