Programa Emprendemento e Drons

06/08/2021

Hoxe celebrouse o acto vía streaming de clausura do curso 'Reactiva o teu futuro: Emprendemento e Drons' da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, un programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo -a través da Fundación INCYDE-, e en colaboración coa nosa entidade e co Concello de Santiago.

Ademais, tres alumnos do curso presentaron os seus proxectos de negocio baseados no uso de drons para agricultura e ganadería, lecer e deporte e vídeo e fotografía, respectivamente.

O curso, enmarcado no POEJ, foi realizado por mozos e mozas menores de 30 anos da demarcación cameral que non estaban traballando nin estudiando.

En palabras do director do Programa e director de proxectos da Fundación Incyde, Ignacio de Alvear, estima que dentro de tres ou catro anos o impacto da tecnoloxía de drons na economía española será enorme en amplos sectores. Debido a demanda crecente polos servizos que os drons poden ofrecer, existindo importantes posibilidades de actividade e negocio en ámbitos moi dispares, aos que esta tecnoloxía, combinada con outras, desenvolve e mellora enormemente.

Terá impacto en múltiples sectores, desde o ámbito militar e da seguridade pública, como en sectores económicos entre os que podemos destacar os da agricultura e gandería, a supervisión de infraestruturas e edificacións, o desenvolvemento audiovisual para o cinema, a televisión e o márketing das empresas, para o xornalismo gráfico, para a vixilancia e a seguridade privada, o mantemento dos ecosistemas, do patrimonio cultural e artístico, entre outros, mellorando o seu rendemento e abaratando os custos.

Ademais, esta tecnoloxía axudará a loitar contra o cambio climático e a favorecer o desenvolvemento sostible, tanto pola vía de diminuír o impacto das actividades dos seus clientes como polo que estes ocasionan.

Ignacio de Alvear puntualiza que unha das causas que favoreceron o uso da tecnoloxía dron, foi o desenvolvemento de tecnoloxías paralelas que, en combinación con auxe desta, fan que sexa agora o momento da súa explosión. Tecnoloxías como as baterías, o internet das cousas, a mellora das redes de 5ª xeración, os sensores, a fotogrametría e a calidade das cámaras fotográficas, entre outras cousas, están a contribuír á súa implantación.

Nestes momentos hai falta de persoas formadas no uso dos drons e de emprendedores que inicien o seu proxecto empresarial tendo esta ferramenta como parte integral dos seus servizos.

O cambio de modelo produtivo en España require a adecuación dos perfís e as competencias profesionais e unha continua adaptación aos cambios, entre eles, os vinculados aos avances nas tecnoloxías emerxentes.

Con todo, non hai un desenvolvemento adecuado dos coñecementos destas tecnoloxías nin de persoas preparadas para poder acometer o aumento de demanda de emprego, tanto por conta allea como por conta propia. É nestes momentos cando hai unha xanela de oportunidades xa que a tecnoloxía está a implantarse agora. Dentro duns anos xa será un sector maduro.

A cubrir estas carencias, de forma altamente especializada, dedícase este programa de Drons, auspiciado polo Fondo Social Europeo, a Fundación INCYDE, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago.

Metodoloxía e funcionamento do Programa

Durante as 6 semanas de desenvolvemento do programa, con tres semanas técnicas e tres semanas de análises de proxecto empresarial, os participantes adquiriron as ferramentas necesarias para que poidan iniciar no curto ou medio prazo unha empresa baseada na tecnoloxía dron, ofrecendo os seus servizos de forma rendible e sostida aos seus clientes de diversos sectores.

É un programa moi completo, cunha implicación horaria mínima por parte dos alumnos e das alumnas dunhas 13 horas por semana. Durante o mesmo @s participant@s integráronse nun equipo para o desenvolvemento dun proxecto completo.  Ao finalizar o curso selecciónanse cinco proxectos para continuar dándolles apoio a través dun mentoring individualizado, co obxectivo de que acaben materializándose.

Este é un programa que combina a aprendizaxe e coñecemento do sector dos drons en distintos ámbitos, cos seus usos e aplicacións, marco legal, características técnicas, selección dos mesmos, os seus partes e os seus accesorios, a configuración das misións e outros moitos aspectos técnicos, coa análise da viabilidade do desenvolvemento de distintos proxectos no sector dos drons, aprendendo a desenvolver modelos de negocio baseados nos mesmos e a implementación dun plan estratéxico e a análise económica e financeiro correspondente


 
 
 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña