PERSPECTIVAS EMPRESARIAIS 2022

26/08/2021

A Cámara de Comercio de Santiago colabora nunha enquisa europea cuxo obxectivo é o de solicitar a opinión das empresas con relación á marcha dos seus negocios no ano en curso e as súas expectativas para o ano próximo. Esta enquisa está coordinada anualmente pola organización europea de Cámaras de Comercio, EUROCÁMARAS.

Os resultados que se obteñen remítense á Comisión Europea coa intención de que a mesma teña en consideración as inquietudes e problemas aos que se enfrontan as empresas.

Á súa vez, estes resultados difundiranse a nivel nacional con obxecto de que a opinión pública coñeza a situación que afrontan as empresas españolas. Gustaríanos contar coa súa participación, e é por iso que lle enviamos un breve cuestionario, de sinxelo enchemento, sobre unha serie de variables de interese para os seus negocios. Pode acceder a el a través da seguinte ligazón.

ENQUISA

A información que proporcione será estritamente confidencial e será utilizada para conseguir uns resultados agregados. 

Data límite 30 de setembro.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña