A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela inicia o seu proceso electoral

25/10/2021

Consulte o censo (preme) e os modelos para reclamar exclusión, inclusión ou modificación de datos no censo según sexa persoa física ou xurídica.

 

A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela inicia o seu proceso electoral coa exposición do censo a partir do luns 25 de outubro e ata o vindeiro 13 de novembro.

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela inicia o proceso electoral para a renovación do Pleno Cameral, segundo a Orde ICT/1074/2021 de 30 de setembro (BOE nº 238 de 5 de outubro de 2021), así como polo establecido no Decreto 431/2009 do 19 de novembro, da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, polo que se aproba o Regulamento de réxime electoral das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, e Navegación de Galicia (DOG nº 239 de 9 de decembro de 2009).

A Cámara de Comercio de Santiago informa a todos os seus electores da demarcación territorial que desde o día 25 de outubro de 2021 ata o día 13 de novembro próximos estará exposto o Censo Electoral para a súa consulta no domicilio desta Cámara, sito no Polígono de Costa Vella, na Rúa Polígono de Costa Vella, nº 40. 15707 Santiago de Compostela; en horario de 08.30 a 14.30 horas, en días laborais, así como no departamento territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, sito na Rúa Vicente Ferrer 2- 15008 A Coruña.

Ademais, os electores, podrán consultar o seus datos censais na páxima web desta Cámara www.camaracompostela.com

Lémbrase que todos os electores teñen dereito a formular por escrito, dende o día 25 de outubro de 2021 e un ata o día 26 de novembro de 2021, as súas reclamacions sobre erro, inclusión ou exclusión das empresas no Censo exposto nos grupos e categorías correspondentes, que serán resoltos polo Comité Executivo da Corporación antes do día 14 de decembro de 2021.

Contra o acordo adoptado por dito Órgano de Goberno, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia.

 

 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña