Como atraer máis clientes a calquer negocio grazas á dixitalización?

30/11/2021

Esta mañá celebramos na Cámara de Comercio de Santiago a Xornada Como atraer máis clientes a calquer negocio grazas á dixitalización? impartida por Juan Luis Magariños e que se enmarca dentro do Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres, orientado á promoción e apoio á actividade empresarial das mulleres, que desenvolve a Cámara de Comercio de Santiago en colaboración coa Cámara de Comercio de España e conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo e do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades do Ministerio de Sanidade.

A dixitalización nas Pemes adquiriu unha especial urxencia ante as circunstancias derivadas da pandemia COVID-19, cuxo impacto foi especialmente severo nas pequenas empresas, debido aos seus altos niveis de vulnerabilidade. O impacto económico desta pandemia acelerou o cambio tecnolóxico facendo aínda máis imprescindible a adaptación das empresas aos novos modelos de negocio, ás novas demandas, ás canles de distribución e formas de traballo mediante ferramentas dixitais, ao comercio electrónico e ao márketing dixital.

A dixitalización constitúe un elemento fundamental para o peche das brechas sociais, territoriais e de xénero. O impacto desigual desta pandemia nos diferentes sectores está a afectar de forma especialmente negativa ás mulleres; ademais, o proceso de dixitalización supón a transformación dos postos de traballo e o xurdimento de oportunidades en ámbitos en que as mulleres están menos representadas. Por todo iso, buscamos reforzar as competencias dixitais das mulleres e contribuír a impulsar o emprendemento feminino.

O mundo dixital e as novas tecnoloxías cambiaron a forma de vender, de comprar, de relacionarse co equipo, colaboradores, clientes, o teletraballo.

Hoxe na Cámara de Comercio de Santiago as mulleres empresarias e emprendedoras que participaron nesta xornada coñeceron as novas regras para adaptarse elas e o seu negocio da forma máis eficaz. Estamos nunha contorna actual moi volátil, de moita incerteza e necesitamos claridade, coñecemento e autoliderazgo para levar o mando do noso negocio. Por outra banda as marcas non poden virar as costas aos novos modelos de vendas nin poden quedar á marxe das novas necesidades que os seus clientes expoñen. Os hábitos de consumo e a experiencia do cliente cambiaron. A irrupción dixital veu para quedar. Por iso é necesario aproveitar as vantaxes que xeran as canles dixitais como xa o están facendo outros negocios.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña