Observatorio de Competitividade Empresarial

29/12/2021

Documento completo (preme)

 

O 23% das empresas españolas estableceron algún tipo de relación de cooperación con grandes compañías, mentres que o 40%, aínda que non o fixeron, consideran que este tipo de relación podería ser interesante para o seu negocio. De feito, o 68,7% das empresas considera que a colaboración empresarial tería un efecto positivo no seu crecemento. Así se recolle no último Observatorio de Competitividade Empresarial da Cámara de España.

Son precisamente as empresas de maior dimensión as que teñen mellor percepción dos beneficios da cooperación con empresas de tamaño similar. En concreto, fronte ao 80% das grandes empresas que considera que o efecto deste tipo de colaboración sería positivo para o seu crecemento, unicamente o 61,4% das microempresas perciben ese impacto favorable. Ademais, tamén se contemplan diferenzas por sectores: o 76% das empresas do sector industrial son optimistas sobre o efecto no seu crecemento da cooperación empresarial, fronte a un 53,8% na construción ou un 68% no sector servizos.

En xeral, as empresas consideran que as principais vantaxes de colaborar con grandes firmas son o mellor acceso a canles de venda consolidados e o acceso a novas tecnoloxías. Desde a perspectiva sectorial, as compañías do sector industrial diferéncianse do resto por citar a expansión internacional e penetración en novos mercados como a principal vantaxe. 

Con todo, as empresas tamén consideran que a cooperación pode conlevar inconvenientes. Independentemente do seu tamaño e sector, para o 59,3% das compañías a “redución da autonomía” sería o principal problema asociado á cooperación. A posibilidade de conflitos derivados das diferenzas de cultura empresarial é un inconveniente relevante para o 40,5% das compañías.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña