Convenio de colaboración entre a Cámara de Comercio de Santiago e a Fundación INCYDE

04/02/2022

A Cámara de Comercio de Santiago asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Fundación INCYDE para o desenvolvemento de cinco programas de formación e acompañamento dentro do proxecto REACTIVA O teu FUTURO – GALICIA do Programa de Itinerarios de Emprendemento Xuvenil cofinanciado por FSE.

A Cámara de Comercio de Santiago estivo representada polo vicepresidente, Jorge Lorenzo Souto, por parte da Fundación INCYDE asistiu á firma na entidade cameral, Javier Collado Cortés, director xeral da Fundación. Durante a súa visita estiveron acompañados da secretaria xeral, Rosa Mary Cardeso.

Coa firma deste protocolo, a Cámara de Comercio de Santiago e a Fundación INCYDE, establecen un marco de colaboración para o desenvolvemento, impulso, incremento e perfeccionamento das actividades, materias e proxectos de competencia e interese común dentro do ámbito do emprendemento e a empresa, a través da formación o asesoramento; desenvolver iniciativas dirixidas ao autoemprego e consolidación de empresas; así como descubrir e fomentar iniciativas empresariais que permitan mellorar contemplar o tecido empresarial máis acordes coas novas estruturas tecnolóxicas e organizativas.

Ademais de fomentar e impulsar a participación e a inclusión social e laboral dos mozos e mozas, a través da participación en programas que contribúan á súa formación e desenvolvemento laboral a fin de incorporarse ao mercado de traballo e adaptarse ás novas esixencias do mercado de traballo, configurándose como unha ferramenta clave e básica no proceso de harmonización social que permita alcanzar un desenvolvemento sostible. Que a redución do desemprego xuvenil constitúe un dos retos máis importantes na actualidade. Por esa razón, en España contamos cun Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado polo Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.

Accións a desenvolver na Cámara de Comercio de Santiago

Levaranse a cabo cinco acciones formativas de autoemprego e creación de empresas organizadas pola Cámara de Comercio de Santiago. Dentro deste programa desenvolveranse actividades que configuran o programa formativo: xornadas/talleres de orientación e sensibilización, mentoring, seguimento, etc. Desta maneira, a Fundación INCYDE ofrece un programa formativo, ofertando unha serie de servizos que se prolongan temporalmente e serven de apoio futuro aos participantes. Trátase con esta acción de promover o éxito empresarial entre os participantes, a través de novas oportunidades de crecemento e a creación de actitudes empresariais.

 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña