A Cámara de Santiago asesorou 55 proxectos liderados por mulleres en 2021

08/03/2022

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela acadou o ano pasado os seguintes resultados dentro do Programa de Apoio Empresarial á Muller (PAEM), en número de usuarias, demandas de asesoramento, creación de empresas e de emprego. Prestou axuda a 67 usuarias e rexistrou 75 demandas de asesoramento, ademais de axudar a crear 15 empresas e de asesorar 55 proxectos.

O PAEM é un programa desenvolto pola Cámara de Comercio de España, a través da rede de cámaras territoriais, o  Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades co financiamento do Fondo Social Europeo. Esta dirixido á mulleres con inquietude emprendedora, que queren crear á súa empresa e que necesitan axudas ou subvencións para á súa empresa.

O programa axuda na elaboración do plan de empresa, proporciona información e asesoramento para crear a empresa e desenvolver o negocio; así como a tramitación da solicitude para o acceso ás liñas de financiación.

A través do persoal técnico da Cámara de Comercio de Santiago préstase atención directa e personalizada proporcionándolle:

·        Información sobre oportunidades de autoemprego, lexislación e trámites.

·        Asesoramento especializado en temas, como xestión empresarial, plans de viabilidade, análise de comercio interior e exterior e novas tecnoloxías.

·        Axuda para preparar o plan de empresa e presentalo ás liñas de microcréditos sen avais, nas entidades finaceiras coas que se teñen suscritos convenios de colaboración.

Formas de asesoramento

As usuarias do Programa poderán beneficiarse de dous métodos ou formas de asesoramento:

- Presencial: a través do Gabinete de Apoio Técnico situado na Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela.

- En liña: o programa conta cun servizo de información e asesoramento “ en liña”, coa web https://empresarias. camara.es/, capaz de responder de xeito rápido (prazo máximo de 48 horas desde a recepción da consulta) e personalizada a numerosas cuestións derivadas da xestión empresarial de emprendedoras e empresarias. Ademais ofrece a posibilidade de participar nun foro de cooperación e intercambio, informa sobre xornadas, subvencións, feiras, actividades formativas, e mesmo facilita un autodiagnóstico básico para avaliar a viabilidade dunha idea empresarial.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña