A FUNDACIÓN GALICIA EUROPA CELEBRA O ANO EUROPEO DA XUVENTUDE COA MOCIDADE GALEGO-PORTUGUESA

10/06/2022

INSCRICIÓN (preme)

PROGRAMA (preme)

O vindeiro 17 xuño 2022 terá lugar esta xornada dirixida a toda a poboación xuvenil de entre 18 e 30 anos, así como a calquera entidade pública, privada, asociación, empresas, …interesada en coñecer as oportunidades que a UE ofrece á mocidade directamente. A xornada terá unha inscrición de balde para poder asistir presencialmente ou telematicamente.

Seguindo as indicacións da Comisión europea o obxectivo da xornada é “alentar a todos os mozos, especialmente a aqueles con menos oportunidades, de contornas desfavorecidas, de zonas rurais ou remotas, ou pertencentes a grupos vulnerables, a converterse en cidadáns activos e actores do cambio positivo. Ademais, quere promover as oportunidades que brindan as políticas da UE para que os mozos apoien o seu desenvolvemento persoal, social e profesional.”.

Durante a primeira parte desta xornada presentaranse programas, iniciativas, ferramentas ou actividades da UE máis dirixidos aos mozos, ás entidades a favor da mocidade e a emprendedores. Serán os propios mozos quen nos relate as súas experiencias, apoiados por entidades que representan estes programas que propician o beneficio e as oportunidades existentes no ámbito xuvenil.

Durante a segunda parte da xornada presentarase oficialmente o proxecto “Xuventude Embaixadora Dixital para Pemes”, recentemente aprobado. Asistirán os representantes legais das tres institucións: Fundación Galicia Europa, AECT  Eurociudad  Chaves-Verín e a Asociación para o Desenvolvemento da Rexión do Alto Támega ( ADRAT).

A sesión finalizará cos directores xerais de Xuventude de Galicia e Portugal, e o director da Axencia Nacional ERASMUS+  JA en Portugal que nos falarán das políticas europeas xuvenís en ambas as zonas.

Xuventude Embaixadora Dixital para pemes (Dixital  Youth  Ambassadors  for  SMEs- DYAS) é un proxecto aprobado e financiado pola Axencia Nacional Portuguesa Erasmus+  JA. Erasmus+ (2021-2027) é o programa da Comisión europea nos campos de Educación, Formación, Mocidade e Deporte, que promove a inclusión social, as transicións verdes e dixitais e a participación dos mozos na vida democrática.

Os principais obxectivos que guiará a DYAS son: incrementar as oportunidades laborais e as capacidades persoais da mocidade das zonas rurais, en termos de dixitalización, uso de ferramentas e plataformas dixitais; mellorar a eficiencia empresarial e a competitividade das pequenas empresas, debido á súa evolución en termos de dixitalización e competencias nos mercados dixitais e promover o intercambio de coñecementos e experiencias entre os mías novos e empresas, así como promover a creación de novos negocios por parte da xuventude.

A súa finalidade é abordar a transformación dixital e capacitar aos mozos, as pemes e as institucións involucradas. Os resultados esperados son a mellora das capacidades formativas e profesionais; un mellor coñecemento das ferramentas dixitais,¡; a integración nas súas comunidades locais e mellora das capacidades das PEME.

 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña