Diversa Technologies, Infonet e Compostela Monumental, gañadoras dos premios PEL 2022 da Deputación da Coruña

28/07/2022

A Deputación da Coruña celebrou esta tarde no Teatro Jofre de Ferrol a gala da V edición dos premios PEL, uns galardóns cos que a institución provincial recoñece cada ano ás mellores empresas, asociacións e clúster empresariais da provincia e aposta polo desenvolvemento económico. Os premios recaeron nas compostelanas Diversa Technologies, INFONET e a asociación de empresarios Compostela Monumental e recoñeceuse con accésits o proxecto cultural AcercArte de Ferrol, a empresa Equipos Lagos, con sede no polígono de Bergondo, e a asociación de empresarios Agrela da Coruña.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, presidiu o acto de entrega dos galardóns e asegurou que estes premios recoñecen o talento e a innovación das pemes e persoas autónomas da provincia. Todas elas, dixo, "co seu esforzo e labor diaria contribúen á reactivación económica que tanto necesitamos nun escenario económico adverso, crean emprego e permiten que A Coruña siga a ser o motor económico de Galicia".

 

Máis información na web da Deputación de A Coruña

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña