Xornadas de Fomento do espírito emprendedor no eido educativo

23/09/2022

Durante o mes de outubro, un centenar de alumnos e alumnas participarán nestas xornadas de fomento do espírito emprendedor no eido educativo en Compostela organizadas pola Cámara e o Concello de Santiago.

Trátase dun programa de actividades consistente en visitas guiadas ao viveiro de empresas e a realización de xornadas divulgativas, especialmente dirixido aos centros de ensino secundario, bacharelato e ciclos formativos de Santiago, coa finalidade de:

  • Promover o desenvolvemento das calidades persoais relacionadas co espírito emprendedor, tales como a creatividade, a iniciativa, a asunción de riscos e a responsabilidade.
  • Achegar un coñecemento temperán do mundo empresarial e axudar a entender o papel do colectivo empresarial na comunidade.
  • Fomentar as iniciativas emprendedoras desde o ámbito educativo.
  • Fomentar os valores empresariais e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como unha alternativa digna e viable.
  • Concienciar acerca do emprego por conta propia como posible opción profesional.
  • Contribuír a unha percepción aberta da economía, nun contexto de apertura crecente nos mercados e de expansión tecnolóxica que impulsa esa apertura.
  • Poñer en contacto a novos estudantes con emprendedores e/ou empresarios situados no Viveiro.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña