III Encontro de coordinación da Rede Provincial de Coworking

09/02/2023

No día de onte participamos no III Encontro de coordinación da Rede Provincial de Coworking da cal formamos parte. Mantivemos unha xuntanza de traballo con outros espazos de traballo e de apoio ao emprendemento tamén integrados nesta Rede Provincial de Coworking que ten como obxectivo principal o establecer uns mecanismos de coordinación e colaboración na prestación de servizos a empresas e emprendedores entre os distintos espazos que formen parte dela.

A través das instalacións de coworking ofrecemos o uso temporal de espazos de traballo a empresas e persoas emprendedoras así como a prestación de servizos comúns para cubrir as súas necesidades básicas que permitan a creación, posta en marcha e consolidación destas empresas durante os primeiros anos da súa vida, todo iso mediante a acceso ao uso temporal do espazo.

O coworking da Cámara de Comercio de Santiago é un proxecto cofinanciado por fondos FEDER, a través da Fundación Incyde-Cámara de Comercio de España e a Deputación Provincial da Coruña.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña