ENCONTRO CO ALCALDE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

21/02/2023

Dentro da rolda de contactos cos distintos concellos e asociacións empresariais da nosa demarcación, Maria Pais, a nova Presidenta da Cámara de Comercio, mantivo hoxe un encontro co alcalde de Santiago co obxectivo de abordar os temas mollares para a cidade: como o desenvolvemento de infraestructuras estratéxicas, a continua mellora dos servizos públicos, a axilización da xestión  de licenzas ou a industrialización e a implantación de novas empresas, entre outros.

Neste sentido, durante o encontro, o alcalde reiterou o seu compromiso para acadar unha simplificación administrativa na xestión de licenzas e outros trámites e para seguir avanzando na mellora de infraestruturas estratéxicas como o Orbitaliño ou a Intermodal e dos servizos públicos como a xestión da auga ou o transporte público

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña