ENCONTRO CO ALCALDE DE AMES

23/02/2023

A nova Presidenta da Cámara de Comercio, María Pais, acompañada pola Secretaria Xeral da entidade, mantivo hoxe un encontro co alcalde de Ames, José Blas García Piñeiro; a Concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Paz; e o técnico de Promoción Económica, Jorge Couñago, co obxectivo de establecer liñas de traballo e acción conxuntas para favorecer a creación e consolidación do tecido empresarial amesán.

A través desta colaboración preténdese facilitar a posta en marcha de novos proxectos empresariais, mediante o asesoramento e titorización de proxectos por parte dos técnicos da entidade cameral, favorecer o acceso ao crédito e contribuír á consolidación das  empresas amesáns a través da súa internacionalización.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña