SESIÓN PREPARATORIA DO ENCONTRO INTERNACIONAL DE XESTORES DO PROGRAMA "ERASMUS XOVES EMPRENDEDORES"

06/03/2023

Hoxe tivo lugar na Cámara de Comercio de Santiago unha sesión preparatoria do encontro internacional de xestores do programa “Erasmus Xoves Emprendedores” que terá lugar, durante dous días, na Cidade da Cultura de Galicia, -Edificio Fontán- e que celebrará mañá, ás 10.30 horas, á súa inauguración oficial coa participación do Alcalde de Santiago e da Presidenta da Cámara de Comercio.

Na sesión de hoxe os responsables do programa en Bruxelas tiveron a oportunidade non só de coñecer de primeira man o traballo de UNINOVA e da Cámara de Comercio como intermediarios no programa, senón que tamén recibiron  información dos programas e proxectos levados a cabo polas dúas entidades e o Biopolo tecnolóxico -no que ambas colaboran-, así como sobre o entorno empresarial da cidade e da rexión e os sectores de maior repercusión para o programa.

Tamén tiveron a oportunidade de escoitar aos beneficiarios do programa, tanto na vertente de empresas de acollida, como Coutomixtour e a Fundación Uxío Novoneyra, como na de novo emprendedor, onde Ángel Rodríguez, relatou a súa experiencia a partir da súa estancia en Holanda.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña