ENCONTRO INTERNACIONAL DE XESTORES DO PROGRAMA ERASMUS EMPRENDEDORES EN EUROPA

07/03/2023

No evento participan preto de 200 técnicos de cámaras de comercio, centros de investigación, consultoras, universidades, centros de innovación, hubs empresariais, consultoras, pemes e emprendedores, entre outros; todos eles xestores do programa Erasmus Emprendedores de máis de 30 países. 

Tanto a Cámara de Comercio de Santiago, como Uninova son intermediarios do programa a nivel nacional e foron quen promoveron, xunto co Concello de Santiago, que a Cidade de Compostela fose o escenario deste Encontro Internacional.

 

Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

A Cámara de Santiago participa no programa desde o ano 2016 e neste período xestionou máis de 160 intercambios. No consorcio que lidera a Cámara participan outras Cámaras de Comercio como a Cámara nacional de Ucraína, a Martinica, o parque tecnolóxico da Universidade de Ankara entre outras entidades de 9 países (España, Portugal, Italia, Francia, Irlanda, Chipre, Albania, Ucraína e Turquía) Ambas as entidades recibiron xa a comunicación de que os seus consorcios seguirán traballando no programa ata o ano 2027.

UNINOVA

UNINOVA, a incubadora de empresas do Concello de Santiago de Compostela e da USC, participou por primeira vez neste Programa no ano 2010, co consorcio internacional “Europa Emprende”, e na actualidade faino co consorcio YEIM, integrado por entidades públicas e privadas de 8 países europeos (España, Alemaña, Italia, Francia, Croacia, República Checa, Lituania e Bulgaria). Entre os anos 2017 e 2022 xestionou máis de 100 intercambios, sendo a maior parte deles de novos emprendedores españois que saíron a outros países.

 

Ambas entidades recibiron xa a comunicación de que os seus consorcios seguirán traballando no programa ata o ano 2027. Mentres que a Cámara de Comercio de Santiago contará cun orzamento de máis de 300 mil euros para o financiamento dos intercambios empresariaIs das persoas emprendedoras nalgún dos 38 países participantes da UE,  UNINOVA contará cun orzamento de 225 mil de euros, para o mesmo menester. Por último, lembrar tamén que o programa conta con destinos GLOBAL, en Estados Unidos, Canadá, Israel, Singapura, Taiwan e Corea do Sur que están activos ata o ano 2024.

 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña