ENCONTRO DE CÁMARAS DE COMERCIO DO NOROESTE DE ESPAÑA

13/03/2023

A nosa Presidenta, María Pais, e a Secretaria Xeral, Rosa Cardeso, participaron no encontro de Cámaras de Comercio do Noroeste de España celebrado en León. A el tamén asistiron as Cámaras de Comercio de: A Coruña, Lugo, Pontevedra-Vigo-Villagarcía de Arousa, Tui, Avilés, Xixón, Oviedo, Cantabria, Astorga, Béjar, León, Zamora e Salamanca.

As Cámaras do Noroeste manteñen desde hai anos estes encontros de maneira periódica e de maneira presencial retómanse co que convocou a institución cameral leonesa. 

Durante a reunión tratáronse algúns dos temas que preocupan ás entidades camerais como son a colaboración entre Cámaras e Administracións Públicas, os fondos Next Generation para a recuperación de pemes e autónomos, así como a implantación de actividades e servizos no mundo rural como impulso á recuperación da España baleirada ou o desenvolvemento de proxectos como o Corredor Noroeste e da Vía Ruta da Prata

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña