PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO EN REALIDADE VIRTUAL E AUMENTADA

20/03/2023

Esta  semana iniciamos as sesións conxuntas en modalidade semipresencial do ???????? ?? ????????????? ?? ????????? ??????? ? ?????????, actividade formativa impartida en colaboración coa Fundación Incyde, o Concello de Santiago  e coa Cámara de Comercio. Cofinanciado polo FSE.

O programa céntrase en dotar aos alumnos dos coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias para poder integrar a tecnoloxía da realidade aumentada e estendida no seu ámbito de actividade.

Os alumnos aprenderán termos, modelos, boas prácticas en distintos sectores. Como o mundo virtual se implementa e axuda ao ser humano, desde unha aplicación de realidade aumentada para un bar, aplicacións na industria ou o seu uso para nenos en hospitais.

O programa formativo está conformado por sesións grupais, titorías individualizadas e formación en liña complementaria. Terá unha duración de 6 semanas na modalidade en liña e unha semana de traballo de campo, que se desenvolverá entre o 20 de marzo ata o 5 de maio de 2023.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña