REUNIÓN ENTRE A CÁMARA DE COMERCIO E O CONCELLO DE SANTIAGO

24/07/2023

Continuamos a reunirnos cos alcades dos concellos da demarcación cameral para analizar novos proxectos de colaboración. O pasado venres mantiveron un encontro Gerardo García Alvela, membro do noso pleno, e Rosa Cardeso, secretaria xeral, coa alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e co concelleiro Xesús Manuel Dominguez.

Durante a reunión tratáronse algúns asuntos como son a colaboración entre ámbalas dúas entidades na organización do Foro Summit, na creación dunha comunidade enerxética local para favorecer a empresas e veciños, na creación dunha oficina de captación de investimentos e realizuse unha análise do convenio de colaboración asinado entre os dous organismos en materias de emprendemento e internacionalización.  

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña