aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Vivero de Empresas

Noticias

 

 

 

XORNADA NO IES PONTEPEDRIÑA

 

Persoal da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela ofreceu no IES Pontepedriña unha xornada divulgativa de fomento do espírito emprendedor dirixida a un grupo de setenta alumnos que están a cursar os ciclos superiores de comercio internacional e de xestión de vendas.

 

Ditas xornadas estivéronse a realizar nas últimas semanas con diferentes centros educativos da cidade, xa que se trata dunha acción formativa cofinanciada polo Concello de Santiago.

 

O obxectivo destas accións é o de contribuír ao desenvolvemento das calidades persoais relacionadas co emprendemento entre os mozos e así tratar de fomentar as iniciativas emprendedoras. 

 

 

 

 

VISITA ALUMNOS CIFP COMPOSTELA


Alumnos do ciclo medio de cociña e dos ciclos superiores de servizos e de aloxamentos turísticos do CIFP Compostela visitaron o viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago. Dita visita está enmarcada dentro das xornadas de fomento do espírito emprendedor no eido educativo que a entidade cameral está a realizar cos centros formativos de Santiago, accións cofinanciadas polo Concello de Santiago.

 

Os asistentes á visita puideron coñecer  de primeira man os servizos de creación de empresas que se prestan aos emprendedores e empresarios da demarcación cameral nas instalación do viverio, e escoitaron as principais directrices sobre emprendemento empresarial e autoemprego. Para  rematar a visita os alumnos coñeceron á emprendedora Rosa Torrado, directora de ReTnova Proxectia Consulting, unha empresa situada na incubadora de Costa Vella que actúa como consultora especializada en estudos e investigación social, xénero, formación e na asistencia técnica na planificación e avaliacion de políticas públicas. 

 

 

 

 

XORNADA NO IES XELMÍREZ I

 

Sandra Becerra, persoal técnico da Cámara de Comercio de Santiago,  ofreceu unha xornada divulgativa de fomento do espírito emprendedor no IES Xelmírez I, enmarcada dentro das acción formativas que se están a ofrecer en colaboración co Concello de Santiago.

 

A través de dita xornada, á que asistiron alumnos de primeiro curso de Bacharelato, pretendemos fomentar as iniciativas emprendedoras dende o ámbito educativo; e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como una alternativa laboral digna e viable.


 

 

 

VISITA IES AS FONTIÑAS

 

O viveiro de empresas da Cámara de Santiago ven de recibir a visita dun grupo de alumnos do Ciclo Superior de Xestión Administrativa, trátase dunha xornada de fomento do espírito emprendedor cofinanciada polo Concello de Santiago e destinada aos centros educativos do municipio.

 Esta charla está destinada a contribuír ao desenvolvemento das calidades persoais relacionados co emprendemento; fomentar as iniciativas emprendedoras desde o ámbito educativo; e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como una alternativa laboral digna e viable.

 

Para pechar a visita, os alumnos contaron coa visita de  Berta Domínguez e Álvaro Folgueira de Apli Formación, consultoría de formación comprometida con favorecer e mellorar as competencias profesionais das persoas, os cales lles relataron de primeira man a súa experiencia profesional.

 

 

 

 

 

 

VISITA DO IES AS FONTIÑAS

 

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela ,recibiu a visita no seu viveiro de empresas de Costa Vella ,dun grupo de estudantes do IES As Fontiñas. Trátase dunha xornada de fomento do espírito emprendedor cofinanciada polo Concello de Santiago. 

Nesta ocasión ,foron 23 alumnos de Ciclos Superior e Medio réxime adultos os que visitaron a  incubadora empresarial da camara de comercio compostelá , e escoitaron as principais directrices sobre emprendemento empresarial. O obxecto da charla é contribuír ao desenvolvemento das calidades persoais relacionados co emprendedor; fomentar as iniciativas emprendedoras no eido educativo; e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como una alternativa laboral digna e viable. 

A emprendedora Berta Domínguez de Apli Formación,consultoría de formación comprometida con favorecer e mellorar as competencia profesionais das persoas, ofreceu aos estudantes unha sesión sobre emprendemento e a súa experiencia profesional.

 

 

 
 

 

III PREMIO CAMIÑO DO EMPRENDEMENTO 2016


A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, co patrocinio de ABANCA, ven de entregar o III Premio “Camiño do Emprendemento 2016”, , a catro iniciativas empresariais destacadas da demarcación cameral: Os Ventos Innovación e Servizos, María Enríquez Martínez, Siete Olas Comunicación e Ambideleite.

Esta distinción é un recoñecemento que pretende promocionar estas ideas empresariais e prestar apoio para a súa posta en marcha, desenvolvemento e consolidación, coa finalidade de axudar á reactivación da economía e o emprego dos trinta e dous concellos da demarcación cameral.

O premio cubrirá o 50 por cento dos gastos da estancia no viveiro de empresas de Costa Vella durante un ano aos proxectos distinguidos coa bolsa completa –Os Ventos Innovación e Servizos e María Enríquez Martínez–, e o 25 por cento para os proxectos que comparten premio –Siete Olas Comunicación e Ambideleite–. Os gañadores, ademáis, poderán solicitar as liñas de financiamento presentadas por ABANCA con condicións financeiras preferentes (a concesión do financiamento estará suxeita, en todo caso, á previa análise do risco por ABANCA).

O xurado –composto por José Lino Comesaña e Álvaro Rodríguez Cabo, de ABANCA, e por Rosa Cardeso e Sandra Becerra, da Cámara– tivo en conta na súa decisión o nivel de desenvolvemento do proxecto, o seu carácter innovador, o volume de investimento, o grao de proxección nacional e internacional, a posible xeración de postos de traballo e a experiencia previa dos participantes.

Ao acto de entrega de diplomas asistiron o vicepresidente da Cámara, Evaristo Rodríguez; o director de Negocio Institucional de ABANCA Galicia, Asturias e León, José Lino Comesaña; o director da Oficina de Relacións con Institucións de ABANCA, Álvaro Rodríguez Cabo; o secretario xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Fernando Barros; e a responsable do viveiro de empresas de Costa Vella, Rosa Cardeso. 

 

 

 

 

VISITA AO VIVEIRO DE EMPRESAS


No día de hoxe visitaron o Vivero de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago, un grupo de 38 alumnos do Ciclo Medio de Panadería, Ciclo Medio de Servicios e Ciclo Superior de Dirección de Cociña do CIFP COMPOSTELA. Trátase dunha xornada de fomento do espírito emprendedor no eido educativo cofinanciada polo Concello de Santiago.

Conxuntamente tivo lugar  tanto una charla sobre emprendemento por parte de  Sandra Becerra, técnica da Cámara de Comercio, coma por outro lado  dunha empresa do Viveiro , ACAR XESTIÓN DE FROTA. O emprendedor relatoulles a súa experiencia  a profesional e cales foron os motivos que os levaron ata o autoemprego. 


 

 

 

VISITA CIFP COMPOSTELA


A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela recibíu a visitia mañá lunsa visita no seu viveiro de empresas de Costa Vella dun grupo de estudantes do CIFP Compostela. Trátase dunha xornada de fomento do espírito emprendedor cofinanciada polo Concello de Santiago.


O persoal técnico da Cámara de Comercio dirixíu a xornada á que asistiron uns 35 estudantes do Ciclo Medio de Cociña e do Ciclo Superior de Integración Social. Os alumnos e alumnas visitaron as instalacións da incubadora empresarial, presentándoselles os servizos de creación de empresas que se prestan aos emprendedores e empresarios da demarcación cameral. Deste modo coñecen as principais directrices sobre emprendemento empresarial e autoemprego.

APLI FORMACIÓN foi a empresa encargada de transmitirlles aos mozos a súa experiencia  a emprendedora e cales foron os motivos que os levaron ata o autoemprego.


 

 

 

XORNADAS DE FOMENTO DO ESPÍRITO EMPRENDEDOR NO EIDO EDUCATIVO

 

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela ofreceu o venres 11 de novembro unha xornada divulgativa de fomento do espírito emprendedor e unha visita guiada ao seu viveiro de empresas de Costa Vella a un grupo de estudantes do IES As Fontiñas de Santiago. Trátanse de accións formativas cofinanciadas polo Concello de Santiago.


A primeira hora da mañá desenvolveuse unha xornada divulgativa no IES As Fontiñas para un grupo duns 25 alumnos do ciclo superior de atención á dirección.  Á visita ao viveiro de empresas asistiron uns 28 alumnos do ciclo formativo de administración e finanzas do centro. Tras coñecer as instalacións do viveiro de empresas, os alumnos escoitaron a experiencia profesional da emprendedora María del Carmen Pazos, que xestiona unha consultoría laboral, fiscal e contable, situada na incubadora de Costa Vella.

 

A través destas xornadas preténdese contribuír ao desenvolvemento das calidades persoais relacionados co emprendemento; fomentar as iniciativas emprendedoras desde o ámbito educativo; e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como una alternativa laboral digna e viable.

 

 

 

 

VISITA ALUMNOS CS EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL DO IES AS FONTIÑAS


Hoxe mércores, 9 de novembro, recibimos a visita no Viveiro de Empresas de Costa Vella dun grupo de estudantes do Ciclo Superior de Edificación e Obra Civil do IES As Fontiñas de Santiago. Trátase dunha xornada de fomento do espírito emprendedor cofinanciada polo Concello de Santiago.


Os alumnos e alumnas visitaron as instalacións da incubadora empresarial, déronselles a coñecer os servizos de creación de Empresas que se prestan aos emprendedores e empresarios da demarcación cameral, e escoitaron as principais directrices sobre emprendemento empresarial e autoemprego. Esta charla está destinada a contribuír ao desenvolvemento das calidades persoais relacionados co emprendemento; fomentar as iniciativas emprendedoras desde o ámbito educativo; e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como una alternativa laboral digna e viable.

 

Para pechar a visita, os alumnos escoitaron a experiencia profesional dun emprendedor ubicado no viveiro de Costa Vella. Nesta ocasión, o emprendedor Manuel Medina, que dirixe a empresa Viável, ofreceulles a sesión. Viável é unha consultoría en captación de financiamento e xeración de recursos para entidades non lucrativas. Deseñan e implantan plans integrais de desenvolvemento económico, de xeración de recursos propios e de captación de financiamento. O seu obxecto é axudar ás entidades sen fins lucrativos a xerar recursos económicos provenientes de fontes estables e independentes que permitan alongar o seu impacto e incrementar o profesionalismo e calidade do seu traballo. “Co-criamos solucións a medida para dotar a entidade de eficiencia e sustentabilidade” –explica Manuel Medina–. 


 

 

IV EDICIÓN DO PARLAMENTO EUROPEO DE EMPRESAS


As emprendedoras de IN&S –Tamara Rodríguez–, Wayna Consultora –Carolina Lodeiro– e Métodos Aplicados de Formación –Ana Berta Domínguez–, empresas afincadas no viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago, participaron en Bruxelas na IV edición do Parlamento Europeo de Empresas (PEE), un evento organizado pola Asociación Europea de Cámaras de Comercio e Industria (Eurochambres) e o Parlamento Europeo. A inciativa forma parte do marco do Programa de Apoio Empresarial á Muller (PAEM).

As emprendedoras asistiron a varias sesións sobre comercio, mercado único, sostibilidade e competencias. Explicaron que este tipo de experiencias son fundamentais para achegar ás empresas aos órganos de decisión da Unión Europea, especialmente “pola posibilidade de concedernos voz e voto ás pequenas e medianas empresas en temas que nos afectan”  –sinalou Tamara Rodríguez–. Nesta ocasión, as emprendedoras destacaron que os temas máis interesantes foron os relativos aos ámbitos da sostibilidade e competencias profesionais. Por outra parte, o encontro aportoulles a posibilidade de coñecer a outras empresas dos ámbitos estatal e europeo coas que nun futuro poderán establecer relacións comerciais.

O PAEM ten como obxecto básico sensibilizar ás mulleres e ao seu contorno cara o autoemprego e a actividade empresarial e actuar como instrumento eficaz para a creación e consolidación de empresas. A Cámara de Comercio de Santiago desenvolve desde hai máis dunha década este programa específico de apoio empresarial á muller, que demostrou ser “un instrumento eficaz” tanto para crear e consolidar empresas lideradas por mulleres como para fomentar no xénero feminino cualidades como a cooperación e a innovación empresarial e tecnolóxica. O programa naceu a través dun convenio asinado entre a Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad do Ministerio de Sanidad e a Cámara de Comercio de España, con financiamento do Fondo Social Europeo.

 

 

 

 

 ALUMNOS  DO IES AS MARIÑAS DE BETANZOS VISITARON  AS INSTALACIÓNS DO VIVIERO DE EMPRESAS

  

No día de hoxe visitaron o Vivero de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago, un conxunto de 27 alumnos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas e Ciclo Medio de Xestión Administrativa do IES de Betanzos.

Conxuntamente tivo lugar,  tanto una charla sobre emprendemento por parte de  Sandra Becerra , técnica da Cámara de Comercio ,coma por lado  dunha empresa do Viveiro , a explicación da súa experiencia emprendedora ; nesta ocasión correspondeulle  o turno a Manuel  Medina  Albero da empresa  Viável , empresa adicada ó desenvolvemento de negocio e internacionalización, (Servizos de asesoramento, xestión e co-execución das partes críticas para empresas sociais e entidades sen fins lucrativos).

 

 

TALLER “COMO ATRAER FINANCIAMENTO PARA A CREACIÓN DO MEU PROXECTO EMPRESARIAL”

 

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, en colaboración coa Xunta de Galicia e no marco das actividades da Rede Eusumo, está a realizar un taller gratuíto sobre “Como atraer financiamento para a creación dun proxecto empresarial”. Na  actividade están a participar  socios e persoas vencelladas a proxectos cooperativos ou de economía social, emprendedores ou persoas interesadas en xeral. O obradoiro celébrase do luns 26 ao venres 30 de setembro en horario 9:30 a 13:30 horas no Viveiro de Empresas da entidade cameral, ubicado no Polígono de Costa Vella.

Un dos obxectivos do taller é que os participantes coñezan os distintos sistemas de financiamento de proxectos, tanto públicos como privados, con especial referencia aos máis novidosos e menos empregados como son o Crowdfundig ou o Business Angel. Ademais, os alumnos aprenderán a resolver supostos prácticos sobre o financiamento dunha empresa, coñecerán modelos de prensentación para solicitar financiamento para un proxecto de empresa e analizarán como realizar presentacións eficaces de proxectos.

 


 

 

 CÁMARA DE COMERCIO E ABANCA CONVOCAN TRES BOLSAS PARA ESTANCIAS NO VIVEIRO DE EMPRESAS  


A Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA  presentaron unha nova edición da súa iniciativa conxunta de compromiso co emprendemento. Un programa de apoio á innovación que se inclúe dentro do convenio de colaboración que rubricaron en Compostela o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, e o director de banca institucional de ABANCA, Santiago Novoa.

 

Unha das primeiras accións que se realizarán grazas a este acordo será bolsar a metade da estancia de tres emprendedores durante un ano no viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago, situado no polígono de Costa Vella. Durante este tempo, os elixidos recibirán unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver un plan de empresa, con axuda das ferramentas de xestión necesarias e o asesoramento dos técnicos de creación de empresas da Cámara de Comercio. Unha completa proposta teórico-práctica que ten como obxectivo final poñer en marcha e garantir a viabilidade do proxecto empresarial.

 

Ademais, ABANCA oferta a través do convenio unhas condicións financeiras personalizadas e adaptadas ás necesidades dos emprendedores instalados na incubadora empresarial de Costa Vella. Poderán solicitar un préstamo para emprendedores, un préstamo ou leasing de novos investimentos, unha póliza de crédito ou un préstamo para o desenvolvemento formativo e profesional.

 

 

 

 

"TALLER AUTOEMPLEO: ATRÉVETE"

 

A Cámara de Comercio de Santiago celebrou un taller gratuíto no viveiro de empresas de Costa Vella no que presentou para un grupo de 15 persoas o programa “Peregrinaxe Emprendedora”, acción destinada aos menores de trinta anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e enmarcada dentro da convocatoria de “Itinerarios de Emprendimiento Xuvenil” da Fundación Incyde para o ano 2016, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

A iniciativa ten como obxecto mellorar a empregabilidade de mozos e mozas desempregadas que estean a iniciar o seu proceso de procura activa de emprego por conta propia ou allea, e por tanto, acceder ao mercado laboral. De forma completamente gratuíta, “Peregrinaxe emprendedora” ofrece aos participantes acompañamento na transición desde a situación actual ata a actividade laboral.

Contarán cun programa intensivo de formación de oito semanas de duración para desenvolver a súa idea empresarial ou acceder ao mercado laboral. En liñas xerais o programa inclúe unha charla de sensibilización motivacional, unha semana de captación, selección e valoración máis sete semanas lectivas, un plan ou itinerario de emprendemento ou inserción personalizado, catorce talleres prácticos, sete sesións de apoio titorizado, dezaoito horas de inmersión empresarial, avaliación de empregabilidade pre/post e tres meses de apoio e seguimento.

 

Ademais, cada participante terá un itinerario personalizado e porase a súa disposición un cadro de persoal de expertos que o guiará durante todo o proceso, traballando sobre as súas ideas e as súas competencias para facer da súa habilidade unha profesión na que poder traballar, gañarse a vida e ser independente.

Esta formación gratuíta ofrece tres opcións: do 26 de setembro ao 18 de novembro, do 3 de outubro ao 25 de novembro e do 17 de outubro ao 9 de decembro. 

 

 

 

 O VIVEIRO DE EMPRESAS RECIBE A VISITA DO ALCALDE DE SANTIAGO.

 

O alcalde , Martiño Noriega , acompañado pola concelleira de Promoción Económica e Emprego, Marta Lois, visitou as instalacións da incubadora empresarial en compañía do presidente cameral, Jesús Asorey, o secretario cameral, Fernando Barros, e a responsable o viveiro, Rosa Cardeso , podendo escoitar dos emprendedores , tanto as súas necesidades,  como as súas experiencias empresariais.


Jesús Asorey: “Aproximadamente 9.000 empresas recibiron asesoramento neste dez primeiros anos de funcionamento do viveiro de empresas”


Martiño Noriega: “ A Cámara é un elemento dinamizador do termo municipal”

 

 



 

 

CHARLA DIVULGATIVA FOMENTO DO ESPÍRITO EMPRENDEDOR COOPERATIVO NO IES TERRA DO  XALLAS.

 

Finalizando coas  xornadas de orientación , sensibilización e fomento do espírito emprendedor cooperativo, financiadas pola Xunta de Galicia no marco da Rede Eusumo, hoxe o personal técnico da Cámara de Comercio de Santiago desplazóuse a Santa Comba ao IES Terra do Sallas para dar una charla a un grupo de trinta alumnos do Ciclo Medio de xestión administrativa, Cixlo Superior de administración e finanzas e Ciclo Medio de electricidade e Formación Basica en mecánica e hostelería.


Nun momento no que o noso modelo económico de crecemento deu signos de esgotamento é necesario máis persoas empresarias e máis empresas desexosas de embarcarse en negocios creativos e innovadores vinculados ao cooperativismo e economía social, para garantir o seu desenvolvemento económico e social.


Será preciso realizar unha aposta decidida polo emprendemento, divulgando a opción do autoemprego como saída profesional e poñendo a disposición dos emprendedores/as toda unha serie de servizos de formación, asesoramento, infraestrutura e loxística adaptados ás necesidades de cada proxecto empresarial. 


 



 

 

VISITA DO IES DO MILLADOIRO AO VIVEIRO DE EMPRESAS


Dentro da peregrinaxe emprendedora que está a realizar a Cámara de Comercio de Santiago polos centros educativos da súa demarcación, hoxe o viveiro de empresas cameral recibíu a visita dun grupo de alumnos de bacharelato do IES de Milladoiro. A través desta xornada os estudantes coñeceron de primeira man o funcionamento da incubadora e a súa actividade como exemplo de contorna colaborativa e de xeración de sinerxías.

 

Finalmente, os emprendedores Urri Arias, Cecilia Carballido e Iván Sanjurjo comentaron aos estudantes os primeiros pasos do proxecto empresarial Cunde Sociedade Cooperativa Galega, unha cooperativa do sector das industriais culturais.

 

Ditas xornadas de fomento do espírito emprendedor cooperativo, realízanse en colaboración coa  Xunta de Galicia no marco da Rede Eusumo.

 

 

 



 

 

 

XORNADA FOMENTO ESPÍRITO EMPRENDEDOR COOPERATIVO NO IES VIRXE DO MAR

 

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela impartíu unha  nova charla divulgativa sobre fomento do espírito emprendedor cooperativo no IES Virxe do Mar de Noia,  a 42 alumnos de 4º  da ESO, Ciclo Medio de vídeo DJ e de primeiro de bacharelato, actividade financiada pola Xunta de Galicia no marco da Rede Eusumo.

O  técnico da Cámara de Comercio de Santiago desplazado o centro, partindo de exemplos de emprendedores/as e/ou empresarios/as reais no ámbito do cooperativismo e economía social, difúndese como se xeran as ideas empresariais, como se debe abordar o estudo da súa viabilidade, cales son os erros máis comúns que cometen os emprendedores/as ao crear a súa empresa e os sectores que aínda en tempos de crises son sectores emerxentes e en clara expansión.

Finalmente infórmase de todos os programas e recursos , tanto formativos como de información e asesoramento, que as distintas Institucións poñen a disposición dos emprendedores, en especial da Rede Eusumo.


 



 

 

CHARLA DIVULGATIVA DE FOMENTO DO ESPÍRITO EMPRENDEDOR COOPERATIVO  NO IES XELMÍREZ  I

 

Dentro das xornadas de fomento do espírito emprendedor cooperativo no eido educativo financiado pola Xunta de Galicia no marco da Rede Eusumo, hoxe tocoulle o turno a un grupo de 50 alumnos e alumnas de bacharelato do IES XELMIREZ I de Santiago.

O personal técnico da Cámara de Comercio de Santiago  desplazado ó colexio ,tratóu  conceptos claves relacionados co mundo da empresa e o emprendedor. Analízanse as vantaxes e desvantaxes do traballo autónomo e asalariado, abórdase o concepto de empresa, as aptitudes, coñecementos e habilidades que se presumen debe ter todo emprendedor, con especial referencia aos valores cooperativos , e dar a coñecer as cooperativas e sociedades laborais como formas xurídicas idóneas para a posta en marcha de proxectos empresariais.

As sesións son de carácter informativo e divulgativo para estimular o autoemprego e o mundo da empresa de economía social como unha posibilidade real de integración no mercado laboral.


 



 

   

ESTUDANTES DO COLEXIO ALCA VISITAN AS INSTALACIÓNS DO VIVEIRO DE EMPRESAS

 

Dentro das xornadas de fomento do espítito emprendedor cooperativo ,un  grupo de dezasete estudantes de bacharelato do Colexio Alca,  visitaron a incubadora que a Cámara de Comercio de Santiago ten no Polígono Costa Vella, coñecendo o funcionamiento dun Viveiro como exemplo de contorna colaborativa e de xeración de sinerxias, así como os servizos que desde o Dpto. de Creación de Empresas vén prestando aos emprendedores/as e/ ou empresarios/as da demarcación territorial, con especial referencia á Rede Eusumo.

Para rematar , os alumnos escoitaron a emprendedora  Ana Barreiro de C &B Asociados ,Consultoría Laboral, Fiscal y Contable, facéndolles partícipes de primeira man,  da súa experiencia e traxectoria empresarial.

 



 



 

 

 

VISITA DOS ALUMNOS  DO COLEXIO MARÍA ASSUMPTA DE NOIA

 

No día de hoxe , un grupo de vinte estudantes do ciclo medio de actividades comerciais e xestión administrativa do Colexio María Assumpta de Noia, coñeceron de primeira man o funcionamento da incubadora empresarial da Cámara de Comercio de Santiago, dentro das xornadas sobre o fomento do espírito emprendedor cooperativo, unhas actividades financiadas pola Xunta de Galicia no marco da Rede Eusumo.

A emprendedora Cecilia Carballido, explicou aos visitantes,os primerios pasos do proxecto empresarial Cunde Sociedade Cooperativa Galega, cooperativa do sector das industrias culturais.

  


 

 

 

XORNADA DIVULGATIVA DE FOMENTO DO ESPÍRITO EMPRENDEDOR COOPERATIVO NO COLEXIO ALCA


Co obxecto de fomentar os valores empresariais e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como unha alternativa digna e viable ,o personal técnico da Cámara de Comercio de Santiago, realizóu una nova xornada de orientación e sensibilización sobre o espírito emprendedor a un grupo de vinte alumnos de bacharelato do Colexio Alca de Ames; actividade financiada pola Xunta de Galicia no marco da Rede Eusumo.

O que se pretende con estas xornadas é desmitificar o mundo da empresa e da economía social, de forma que se contemple o traballo por conta propia, preferentemente no ámbito do emprendemento cooperativo e de economía social, como unha posibilidade real de acceder a un mercado laboral cada vez máis precario.

 

Para finalizar, os estudantes escoitaron una charla sobre os inicios do proxecto empresarial Cunde Sociedade Cooperativa Galega.


 

 

  


 

 

 

ESTUDANTES DO CFP PIÑEIRAL DE ARZÚA VISITAN O VIVEIRO DE EMPRESAS

 

Seguindo coas xornadas sobre o fomento do espírito emprendedor cooperativo, actividades financiadas pola Xunta de Galicia no marco da Rede Eusumo, en colaboración co Concello de Santiago, un grupo de 20 alumnos do Ciclo Medio e Superior de comercio e marketing , visitaron as instalacións do Viveiro de Empresas, a mellor incubadora de España en 2015 segundo o informe Funcas.

 

Coñeceron polo miúdo a súa actividade, como exemplo de contorna colaborativa e de xeración de sinerxías .Finalmente, os emprendedores da empresa Implicatum, cosultoría dedicada a realización de proxectos de promoción económica e recursos humanos, explicaron aos alumnos os inicios do seu proxecto empresarial .

 


 

 

 

XORNADA “EMPRENDER CON FUTURO: AS 7 CLAVES DE EMPRENDER CON ÉXITO”

 

A mentora de emprendedores e fundadora de Campus-Emprendedores, Mariló Sánchez, impartiu no Viveiro de Empresas unha master class gratuita titulada “Emprender con futuro” á que asistiron máis de cincuenta emprendedores.

A economista, experta en desenvolvemento de modelos de expansión e franquicias, explicou aos participantes as sete claves para emprender con éxito un proxecto empresarial e convertilo nun negocio viable. Indicou cales son as ferramentas e os obxectivos que se deben alcanzar para consolidar unha empresa.

“El 80% de las empresas que abren cierran en el primer año de vida. Y del 20% restante, menos de un 5% llegan al quinto año de actividad. Estas cifras negativas se debe a que los dueños no han identificados sus debilidades a tiempo y no han buscado ayuda” –indicou a experta–. Segundo outras estatísticas que manexa, 96 de cada 100 negocios fracasan dentro dos seus primeiros dez anos de vida, e no caso de empresas on line só unha de cada 100 alcalza a cumprir os tres anos.

Ademais, Mariló Sánchez destacou que unha das razóns principais do fracaso é a falta de coñecementos empresariais dos propietarios dos negocios e, sobre todo, non detectar as súas debilidades e non buscar axuda, ou mesmo xestionar os seus negocios como un hobby e non como unha empresa.


 

 

 

 

 

 

 

 

O VIVEIRO DE EMPRESAS RECIBE A VISITA DE ESTUDANTES DO COLEXIO SANTA APOLONIA

 

 

Un grupo de alumnos do Colexio Santa Apolonia visitan o noso Viveiro de Empresas dentro do marco de xornadas de fomento do espírito emprendedor cooperativo que se está a desenvolver con diferentes centros educativos pertencentes á demarcación cameral.

 

A través destas xornadas, financiadas pola Xunta de Galicia no marco da Rede Eusumo, os alumnos coñen de primeira man o funcionamento da incubadora, a mellor de España en 2015 segundo o informe Funcas, e a súa actividade como exemplo de contorna colaborativa e de xeración de sinerxías. Finalmente, os emprendedores David Fernández e Ana Miguéns da empresa Galensigna, situada no viveiro, fanlles partícipes de primeira man da súa experiencia e traxectoria empresarial. Galensigna é unha iniciativa empresarial que xorde da necesidade de favorecer unha integración real das persoas xordas e xordocegas no seu contorno social. Ofrece unha ampla variedade de servizos especializados en lingua de signos, dirixidos a entidades públicas, privadas e particulares. Este proxecto está posto en marcha por un grupo de educadores e intérpretes de lingua de signos profesionais cunha ampla experiencia dentro da comunidade xorda en Galicia. Ademais, estas visitas provocarán o intercambio de experiencias entre o alumnado e os promotores de cooperativas e sociedades laborais. 


   

 

 

 

XORNADA FOMENTO ESPÍRITO EMPRENDEDOR NO COLEXIO SANTA APOLONIA

 

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela impartíu unha nova charla divulgativa sobre fomento do espírito emprendedor cooperativo no Colexio Santa Apolonia de Santiago. Tratouse dunha xornada de orientación e sensibilización, financiada pola Xunta de Galicia no marco da Rede Eusumo.

O persoal técnico da Cámara de Comercio dirixíu a xornada á que asistiron un grupo de dez alumnos e alumnas de 4º da ESO e bacharelato. O obxecto da charla foi contribuír ao desenvolvemento das calidades persoais relacionados co emprendedor dende idades temperás; fomentar as iniciativas emprendedoras desde o ámbito educativo; e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como una alternativa laboral digna e viable. Ademáis, as xornadas están destinadas a transmitir valores empresariais e cooperativos vinculados á economía social, e dar a coñecer as cooperativas e sociedades laborais como formas xurídicas idóneas para a posta en marcha e desenvolvemento de proxectos empresariais.

A Cámara de Comercio de Santiago deseñou estas xornadas cun compoñente claramente didáctico e diáfano, adaptadas aos distintos niveis educativos e culturais dos estudantes. As sesións son de carácter informativo e divulgativo para estimular o autoemprego e o mundo da empresa de economía social como unha posibilidade real de integración no mercado laboral.


 

 

  

VISITA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA AO VIVEIRO CAMERAL

  

O presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey Carril, recibiu hoxe no viveiro de empresas de Costa Vella ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que percorreu as instalacións da incubadora cameral, cualificada polo informe da Fundación de las Cajas de Ahorros (FUNCAS) como o mellor viveiro de España en 2015.

Os directivos camerais fixeron unha ampla exposición sobre os servizos de asesoramento empresarial e xurídico que o viveiro presta aos emprendedores e, posteriormente, amosaron polo miúdo as instalacións ao presidente do órgano provincial, cuxa visita se prolongou durante unha hora. Segundo manifestou Jesús Asorey, a mellor política laboral é “apostar polo emprendemento como base do emprego” na actual conxuntura económica.

O presidente da Deputación da Coruña salientou o “excelente funcionamento” do viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago, e afirmou que a institución provincial buscará “aproveitar a experiencia e o coñecemento” da entidade para o fomento de accións de apoio a emprendedores e “exportar este modelo” a outros puntos da provincia.

 


 

 

PREMIO FULGET 2015

 

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela foi elexida entidade gañadora do Premio Fulget 2015, outorgado pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. O presidente cameral, Jesús Asorey, recibiu de mans do vicerreitor de Oferta Docente e Innovacion Educativa da USC, Roberto López, e da decana da facultade, María Emilia Vázquez, o diploma acreditativo no marco do programa de actos do día do patrón da facultade.

O Premio Fulget é unha distinción de periodicidade anual que a Facultade de Económicas entrega a unha empresa ou colectivo empresarial galego en recoñecemento a súa colaboración en accións encamiñadas a mellorar as relacións entre a actividade académica e a contorna profesional.

Jesús Asorey manifestou que para a Cámara de Comercio é un “orgullo verdadeiramente especial” recibir o Premio Fulget da Facultade de Económicas, pola “vocación universitaria” da entidade e pola crenza firme na “trascendencia da formación”. Ao ser acredores desta distinción, o presidente indicou que están na obriga de redoblar o “compromiso, esforzo e ilusión” por lograr, en colaboración coa facultade, novas metas e retos cada vez máis elevados.


 

 

EL VIVERO DE EMPRESAS DE LA CÁMARA DE SANTIAGO ELEGIDO POR FUNCAS COMO MEJOR INCUBADORA DE ESPAÑA

El vivero de empresas de la Cámara de Comercio de Santiago es la mejor incubadora de ESPAÑA, según el ranking 2015 que acaba de publicar Funcas. El indicador analiza y desglosa en cinco apartados la actividad de los viveros: difusión del espíritu emprendedor, pre-incubación, incubación básica, incubación avanzada y graduación. Esta clasificación está enmarcada en el informe titulado “Los servicios que prestan los viveros de empresas en España. Ranking 2015”, trabajo firmado por cuatro investigadores que se extiende a lo largo de 62 páginas.

Tras otorgarle el primer puesto al vivero de la Cámara de Comercio de Santiago, el Ranking destaca que el vivero cameral compostelano está orientado fundamentalmente al sector servicios, pero puede servir también como oficina de gestión de proyectos relacionados con otros sectores. En la actualidad –añade, se están incubando 32 proyectos empresariales y tiene una tasa de ocupación del 100%. Desde su creación en 2006, han pasado un total de 125 empresas, de las cuales, 89 han continuado su actividad empresarial con éxito. “Estas cifras demuestran el buen funcionamiento del vivero y lo señalan como una buena opción a la hora de emprender”, según destaca.

Según el propio Informe de la Fundación de las Cajas de Ahorros (Funcas), el vivero de empresas ganador,  ubicado en el polígono de Costa Vella, se creó en 2006 para impulsar la creación, crecimiento y consolidación de empresarios individuales y empresas. Además, la incubadora de la Cámara compostelana forma parte activa de la Red Incyde, la mayor red de viveros empresariales de Europa que actualmente cuenta con 96 viveros de empresas en funcionamiento, lo que permite a sus viveristas tener acceso a una red internacional de contactos y eventos.

 


 

 

 

EMPRENDEDORAS E EMPRESARIAS APRENDEN OS PASOS A DAR PARA ABRIR UN NEGOCIO E COMPARTEN EXPERIENCIAS NUN NETWORKING

 

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela organizou o mércores 25 de novembro unha xornada gratuíta dirixida a mulleres emprendedoras e empresarias sobre o plan de empresa. A xornada forma parte do Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres (PAEM), promovido polo Instituto da Muller e as Cámaras de Comercio e con apoio financeiro do Fondo Social Europeo e da Secretaría de Estado de Igualdad do Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad.

O obxecto de dita xornada foi o de proporcionar a mulleres emprendedoras e empresarias unha visión global sobre todos os pasos do proceso emprendedor, ao tempo que se pretende fomentar o intercambio de sinerxias entre as alumnas participantes. Este mesmo día tamén se organizou un networking para establecer contactos e para que podan compartir as súas experiencias empresarias e buscar novas oportunidades de negocio.

Durante a xornada, que se celebrou no Viveiro de Empresas cameral e foi  impartida pola consultoría C&B, as asistentes aprenderom a elixir a mellor forma xurídica para o seu proxecto, que papeleo teñen que realizar, como facer plans de empresa, comercial e financiero, onde conseguir financiamento para a idea de negocio e como realizar una presentación eficaz fronte a inversores.

 


 

 

 

ALUMNOS DE EDIFICACIÓN DO INSTITUTO DAS FONTIÑAS VISITAN A INCUBADORA DA CÁMARA DE SANTIAGO

 

ACámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela organiza unha visita guiada ao viveiro de empresas do polígono de Costa Vella para alumnos do IES As Fontiñas. Son xornadas de orientación e sensibilización sobre o espírito emprendedor, organizadas en colaboración co Concello de Santiago.

No percorrido polas instalacións do viveiro participarán un grupo de 40 alumnos do ciclo medio de administración e do superior de obra civil e edificación. A continuación da visita, os estudantes asistiron a unha charla divulgativa sobre os inicios dunha empresa do sector da construción de nova creación, YPGAL Constructora.

 


 

 

 

 

VISITA AO VIVEIRO DE EMPRESAS DE ALUMNOS DO CIFP COMPOSTELA

 Durante o mes de novembro recibimos a visita de varios grupos de alumnos do CIFP Compostela dentro das xornadas de Fomento do Espíritu Emprendedor que está a realizar a Cámara de Comercio de Santiago. Son xornadas de orientación e sensibilización sobre o espírito emprendedor, organizadas en colaboración co Concello de Santiago. O secretario Xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Fernando Barros, e a responsable do viveiro de empresas, Rosa Cardeso, dirixiron as xornadas de emprendemento.  

 Nelas participarón grupos de Ciclo Superior de Educación Infantil, Ciclo Medio de Servicios, Ciclo Medio de Panadería, Ciclo Superior de Cociña, Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos e alumnos de  Ciclo Medio de Atención a Persoas Dependentes. Unha vez realizada a visita polas instalación da incubadora cameral, os estudantes asistiron a unha charla divulgativa sobre a creación de empresas e escoitaron a experiencia profesional de emprendedores ubicados no viveiro empresarial.

 


 

 

 

A CÁMARA CLAUSURA UN PROGRAMA DE CREACIÓN DE EMPRESAS E AUTOEMPREGO

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela clausurou un programa formativo de creación e consolidación de empresas e autoemprego no viveiro de Costa Vella coa entrega de diplomas aos dezanove alumnos participantes. O acto estivo presidido polo vicepresidente da Cámara, José Luis Rodríguez Dacal; a directora Xeral de Traballo da Xunta de Galicia, Carmen Bouso; a responsable do Departamento de Coordinación da Fundación Incyde, Ana Santillán; e o secretario Xeral da entidade, Fernando Barros. O programa conta coa colaboración da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e o financiamento do Fondo Social Europeo.

 

O curso de creación de empresas e autoemprego estivo dirixido fundamentalmente a persoas con iniciativas emprendedoras que necesitaran coñecer a viabilidade da súa idea de negocio e adquirir os coñecementos necesarios para poñela en marcha, ou ben a empresarios que queiran facer rendible a súa empresa. Celebrouse ao longo de 320 horas, entre o 18 de maio e o 17 de xullo, na incubadora cameral. Desta acción formativa naceron catorce novos proxectos empresariais e elaboráronse tres plans de mellora de empresas que xa están en funcionamento. Durante o acto de clausura, dous dos asistentes ao curso tiveron a oportunidade de expoñer os seus proxectos: unha lavandería autoservicio e unha plataforma web comparativa de viaxes do Camiño de Santiago.

 


 

 

 

CLAUSURA PROGRAMA CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN INDUSTRIAS CULTURAIS E CREATIVAS

A Cámara de Comercio de Santiago e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia clausuraron a última edición do Programa de creación e consolidación de industrias culturais e creativas, que se impartiu de forma gratuíta para vintecinco alumnos no Centro de Emprendemento do Gaiás do 13 de abril ao 5 de xuño. Ao acto de entrega de diplomas asistiron o vicepresidente da Cámara, José Luis Rodríguez Dacal; a xerente da Cidade da Cultura, Beatriz González; a directora do programa, María Dolores García; e o secretario xeral da Cámara, Fernando Barros. Esta acción formativa organizouse en colaboración coa Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa (INCYDE) e conta co financiamento do Fondo Social Europeo.

Esta iniciativa pretende vestir as ideas empresariais  relacionadas coas artes, teatro, música, danza, os sectores audiovisual e editorial, e mesmo as actividades vinculadas ás novas tecnoloxías e ao deseño.  Os participantes adquiriron coñecementos para crear unha empresa cultural cun enfoque creativo e novos modelos eficientes de financiamento e xestión destinados a actualizar os procesos de produción, distribución, exhibición e difusión dos produtos culturais. “A empresa de xestión cultural precisa de apoio público para acadar visibilidade e conseguir a súa consolidación.

Durante o acto algúns dos alumnos participantes no curso explicaron aos asistentes en que consisten os seus proxectos, como o emprendedor Lois Guillán Santamaría que explicou os segredos de Cucuducho, unha empresa de venda online de produtos para nenos e nenas de máis de tres anos. Tamén o emprendedor Juan Callón Rivas relatou aos asistentes os seus inicios coa empresa de impresión 3D.

 


 

 

 

XORNADA ANÁLISE DE CONTAS ANUAIS DENDE A VISIÓN DE DIRECCIÓN NON EXPERTA EN FINANZAS

A xornada gratuíta, titulada “Análise de contas anuais desde a visión de dirección non experta en finanzas”, organizouse no Viveiro de Empresas cameral  en colaboración coa Consellería de Economía e Industria e o Igape e o financiamento de Fondos Feder. O socio director da consultoría Arxon Estrategia, Rafael Martínez-Carrasco impartiu a xornada á que tamén asistiu o xerente do IGAPE IP, Jose Manuel Fernández. Con formato workshops, a xornada serviu para presentar o proxecto Reacciona do Igape, impulsado co obxecto de mellorar a competitividade das pemes galegas.

A finalidade desta actividade foi a de capacitar e formar a directivos e xerentes de pemes de perfil non financeiro na interpretación e comprensión da información financeira da empresa para a toma de decisións, ademais de aprender a identificar responsabilidades patrimoniais, fiscais e de xestión a partir da información financeira dispoñible na empresa.

 


 

 

 

I Taller práctico y After Work de Aprendeafinanciarte.com

 Dentro da xornada de presentación da plataforma Aprendeafinanciarte.com, a Camara de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela realizou un taller práctico dirixido a PYMES, autónomos e emprendedores, no que se lles ensinou a utilizar ferramentas como: ERBA, una aplicación que permite evaluar os riscos bancarios; ou a elaboración dun dossier bancario, para saber que documentación deben presentar no banco e como presentala.

Tras finalizar o taller, celebrouse na Cantina de A Curtidoira, un After Work no que os asistentes ao taller puideron intercambiar consellos e experiencias entre eles e aos membros da Cámara de Comercio, así como preguntar ou comentar calquera dúbida ou problema que puidesen ter.

 


 

 

 

Presentación da plataforma Aprendeafinanciarte.com

A Cámara de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela realizou, o pasado 29 de xuño, unha xornada para dar a coñecer a plataforma Aprendeafinanciarte.com.  O acto de apertura foi presidido por Jesús Asorey, presidente da Cámara, e Miriam Vicente, membro do departamento económico-financiero da Cámara de España. Tamen se realizou unha conferencia sobre “Financiación para PYMES y Emprendedores” e unha mesa redonda onde se tratou o tema da financiación as PYMES e onde colaboraron representantes de distintas entidades como o IGAPE, Abanca, Banco Sabadell, Banco Pastor, Unirisco Galicia, CEO, Grow.ly e AFIGAL.

O obxectivo desta plataforma é axudar e orientar de forma gratuita,  aos  emprendedores, autónomos e as PYMES que busquen financiación para o seu proxecto ou negocio; proporcionándolles guías para mellorar os seus coñecementos financieiros, información sobre as axudas públicas e privadas de financiación, e axuda e asesoramento para realizar un diagnóstico económico e financiero da empresa.

 


 

 

 

INAUGURACIÓN PROGRAMA GRATUITO DE CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN EMPRESARIAL

 

A Cámara de Comercio de Santiago e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia inauguraron unha nova edición do Programa de creación e consolidación de industrias culturais e creativas, que se impartirá de forma gratuíta no Centro de Emprendemento do Gaiás.

Nunha época na que a cultura se converteu nun sólido activo e estratéxico de desenvolvemento social e nunha importante plataforma económica, a Cámara de Comercio de Santiago e a Cidade da Cultura organizan este programa para tratar de satisfacer a crecente demanda deste tipo de pequenas empresas culturais cun enfoque “altamente” creativo e novos modelos de financiamento e xestión “novidosos e máis eficientes”, destinados a actualizar os procesos de produción, distribución, exhibición e difusión dos produtos culturais.

No programa, que se desenvolverá en 320 horas, participarán un máximo de vinte e cinco proxectos. Está dirixido fundamentalmente a empresarios e responsables de pequenas empresas culturais e creativas.

Os titores asesorarán de forma individualizada a cada un dos participantes, ofrecéndolles os instrumentos empresarias necesarios para deseñar e dirixir os seus proxectos culturais, fomentando o uso de novas tecnoloxías, tanto en sectores artísticos tradicionais como nos novos espazos de ocio creativo: cine de animación, publicidade, comunicación, páxinas web ou videoxogos.

 


 

 

II PREMIO “CAMIÑO DO EMPRENDEMENTO 2015”

 A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela entregou o II Premio “Camiño do Emprendemento 2015”, co patrocinio de ABANCA, a tres iniciativas empresariais destacadas da demarcación cameral. Ao acto asistiron o presidente da Cámara, Jesús Asorey, o director Territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carneiro, o director de Negocio Institucional de ABANCA Galicia, Asturias e León, José Lino Comesaña, e o secretario cameral, Fernando Barros. Esta distinción é un recoñecemento que pretende promocionar estas ideas empresariais e prestar apoio para a súa posta en marcha, desenvolvemento e consolidación, coa finalidade de axudar á reactivación da economía e o emprego dos seus trinta e dous concellos.

 O premio cubrirá o 50 por cento dos gastos da estancia no viveiro de empresas de Costa Vella durante un ano dos tres proxectos distinguidos. “Os emprendedores recibirán servizos de acompañamento, cosultoría, titorización e mentorización dos seus proxectos empresariais coa finalidade de favorecer o seu arranque e asegurar a súa supervivencia” –indicou Asorey–.

Os gañadores poderán solicitar as liñas de financiamento presentadas por ABANCA con condicións financeiras preferentes (a concesión do financiamento estará suxeita, en todo caso, á previa análise do risco por ABANCA). Neste punto, Comesaña salientou que as ideas empresariais gañadoras teñen “viabilidade”, aínda que deben traballar nos seus proxectos e desenvolver un plan de empresa completo, co apoio de condicións financeiras “brandas”.

Os premiados nesta edición do premio foron YPEGAL CONSTRUCTORA, AUROS CONSULTING  E CESQUIMIA.

 


 

 

 

 

 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Santiago de Compostela