ENCONTRO DE TRABALLO CON IMPULSA GALICIA.

25/10/2023

A presidenta da Cámara, María Pais, e a secretaria do organismo cameral, Rosa Mary Cardeso, mantiveron unha reunión de traballo co director xeral de Impulsa Galicia, Julio Pombo, e o director de operación, Luís Manuel Teira Otero.

Entre os temas a tratar estiveron a ampliación dos instrumentos de apoio ás pequenas e medianas empresas co fin de garantir que os fondos europeos pondan chegar a elas así como a posta en marcha de comunidades enerxéticas locais  co obxectivo de mellorar a competitividade das empresas mediante o emprego da eficiencia enerxética con fontes de enerxía que permitan manter a sustentabilidade ambiental e económica.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña