FORO RETORNA EMPREGO ENFOCADO AO SECTOR DA HOSTALERÍA E TURISMO

29/11/2023

No día de onte celebrouse en Santiago de Compostela o Foro Retorna Emprego enfocado ao sector da hostalería e o turismo, organizado pola Fundación Nortempo e que contou coa colaboración da Cámara de Comercio de Santiago.

No evento interviu Rosa Mary Cardeso, secretaria xeral da Cámara de Comercio compostelá, que achegou a súa visión do Programa Retorna e os principais problemas que atopan as empresas no seu día a día para a identificación, captación e sobre todo, retención do talento. "O capital humano é o principal activo dunha empresa. As empresas confórmanas as persoas, por iso é polo que a xestión do talento sexa un dus principais retos estratéxicos que afrontan as empresas no seu día a día en contornas globais altamente volátiles expostos a constantes transformacións", sinalou.

Co título "A escaseza e a retención de persoal no sector da hostalería" celebrouse a mesa redonda moderadada por Diego Carbajosa, director da área internacional da Fundación Nortempo, na que tamén participaron César Sánchez Ballesteros, presidentes de FEPROHOS- Hostalería de Pontevedra, o xerente de Hostalería Compostela Ramón García e o director do Hotel Oca Porta do Camiño Lalo Crespo.

Ao rematar a xornada, celebrouse unha sesión de Speed Recruitment, no que as compañías asistentes coñeceron de primeira man ás persoas retornadasque se atopan en Galicia, con formación en hostalería e dispoñibilidade inmediata para traballar.

A clausura do foro correu a cargo de Zeltia Lado, directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación da Xunta de Galicia.

 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña