PROGRAMA ERASMUS PARA MOZOS EMPRENDEDORES

30/11/2023

Os días 28 e 29 de novembro, a Cámara de Comercio de Santiago participou na 31ª reunión do programa Erasmus para Mozos Emprendedores que tivo lugar en Bruxelas, organizada por Eurochambres (oficina de apoio técnico do programa) e a Comisión Europea, financiador do programa.

Durante este encontro debateuse sobre o impacto desta iniciativa nos últimos anos nas pemes e emprendedores e emprendedoras en Europa e os seus últimos avances; tamén se adiantou información acerca dos preparativos para a celebración do 15ª aniversario da iniciativa que terá lugar o próximo ano na cidade lituana de Kaunas no mes de abril. A Cámara tamén tivo a oportunidade de reunirse cos seus socios e realizar as reunións de seguimento dos dous proxectos que coordina no marco deste programa, a través do cal xa só a Cámara tramitou máis de 200 intercambios desde o ano 2016.

As Cámaras de Comercio participantes no evento tamén tiveron a oportunidade de reunirse coa responsable deste e outros programas de axudas para pemes en Europa, Natalia Martínez-Páramo, xefa de unidade da Axencia Executiva para o Consello Europeo de Innovación e as Pemes. Erasmus para Mozos Emprendedores é un programa de intercambio onde os mozos emprendedores poden poñer a proba a súa idea de negocio colaborando persoalmente cun emprendedor experimentado outro país europeo, durante un período de 1 a 6 meses e co apoio financeiro do programa. Tanto se está a pensar en abrir o seu propio negocio coma se xa xestiona unha peme, pode poñerse en contacto coa Cámara de Comercio de Santiago, un de os18 puntos de contacto local para emprendedores en España que lle apoiará no proceso de participación.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña