REUNIÓN FORO CÍVICO

12/12/2023

Este luns tivo lugar unha nova reunión do Foro Cívico de Santiago, plataforma promovida pola Cámara de Comercio e na que están integrados diversos colectivos empresariais e profesionais da cidade.

O Foro Cívico considera que é preciso facer un seguimento da evolución dos temas claves para o desenvolvemento da cidade, aos que as forzas políticas municipais se comprometeron a apoiar baixo o liderado da Alcaldesa elexida nas pasadas eleccións, co obxectivo de coñecer o avance na execución dos mesmos, posibles problemáticas detectadas e solucións plantexadas, así como impulsar a súa posta en marcha e finalización nos prazos inicialmente previstos. Por isto nesta reunión contouse coa asistencia da alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín, para informar das xestións realizadas polo grupo de goberno en relación aos proxectos máis importantes de Santiago para este mandato e que implican a diferentes administracións, á xuntanza tamén asistiu María Rozas, primeira tenente de alcaldesa.

Durante a reunión, Sanmartín plantexou limitar o uso comercial nos polígonos, plantexando a posibilidade de establecer límites no plantexamento urbanístico para que o chan industrial non se destine a iniciativas que perxudiquen o comercio local. Tamén se trasladou información sobre o aparcamento do Hospital Clínico, dado que o 80% das prazas de aparcamento existentes na actualidade son destinados a traballadores do centro sanitario, constátase a necesidade de resolver a carencia de prazos no centro hospitalario.

 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña