A CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO CONVOCA UNHA OFERTA PÚBLICA PARA A CONTRATACIÓN DUNHA AUDITORÍA EXTERNA PARA O PROXECTO ATLIC

02/01/2024

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago convoca unha oferta pública de contratación do servizo de auditoría externa para controlador de primeiro nivel do proxecto Atlic.

 

O traballo a realizar polo auditor consistirá na realización das tarefas de auditor controlador de primeiro nivel, como responsable do control dos gastos realizados no marco do proxecto Atlic polo beneficiario, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. Os interesados poderán presentar a súa oferta ata o 22 de xaneiro na sede da entidade, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas, e consultar o prego de cláusulas administrativas e técnicas do servizo no perfil do contratante da web da Cámara: https://www.camaracompostela.com/es/perfil-contratante/

 

O proxecto Atlantic Innoblue Communities (ATLIC) está enmarcado dentro do Programa Interreg Espacio Atlántico, que promove a cooperación transnacional entre os distintos territorios atlánticos de Europa, e está cofinanciado polos fondos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Con este proxecto preténdese desenvolver unha nova forma de fomentar emprendemento entre a xente moza, ao ter como principal obxectivo a creación dunha verdadeira rede de comunidades de innovación no marco da economía azul.

 

Os obxectivos específicos do proxecto son dar lugar a unha rede atlántica que permita a transferencia de coñecementos, a adquisición de novas habilidades, a creación dunha rede de contactos e a posta en marcha de varios laboratorios de innovación azul. Durante este proceso serán implicadas institucións academicas; PEMEs e institucións públicas e privadas; ademais da propia xente nova, co gallo de asegurar unha cooperación que permita non só avanzar na implantación da economía azul e no desenvolvemento de proxectos emprendedores que nela se enmarquen, senón tamén de procurar solucións conxuntas a problemáticas que son comúns aos diferentes territorios.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña