A CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO COORGANIZA UNHA XORNADA INTERNACIONAL COS ANTIGOS PARTICIPANTES DO ERASMUS PARA XOVES EMPRENDEDORES

11/01/2024

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago coorganizou xunto coa Oficina de Apoio ao Erasmus para Xoves Emprendedores un evento virtual internacional para favorecer o troco de contactos e experiencias entre os antigos participantes deste proxecto.

 

Na xornada, que levou o nome de ‘EYE Alumni Matchmaking Event’, participaron tanto novos emprendedores que fixeron parte do proxecto, como potenciais empresarias ou empresarios con menos de tres anos de experiencia, como tamén empresarios anfitrións, con maior traxectoria empresarial. Así, o evento envolveu a participación de emprendedores de máis de vinte países. Tamén contamos coa participación da European Enterprise Network, represantada polo consorcio gaelgo Galactea Plus.

 

Durante o decorrer da xornada, asistimos á presentación de varios casos de éxito, tanto de novos emprendedores como de anfitrións, entre os que contamos coa presentación do proxecto da ex-participante por parte da Cámara de Santiago, Natalia Silva, coa súa empresa Blue Silk. Na segunda parte, os participantes tiveron a oportunidade de establecer contactos e sinerxias entre eles, para dar a coñecer os seus negocios, as súas necesidades e facilitar a creación dunha rede de colaboración e coopeación entre ex-participantes.

 

A Cámara de Comercio é, desde o ano 2016, organismo intermediario na xestión deste programa e desde o ano 2018 lidera o consorcio Seek Plus co-financiado polo programa Erasmus para Xoves Emprendedores da Comisión Europea.

 

 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña