A CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO CELEBRA A SÚA SESIÓN PLENARIA NAS INSTALACIÓNS DA EMPRESA VIAQUA

30/01/2024

O Pleno da Cámara de Comercio de Santiago, celebrou onte  na sede da empresa VIAQUA no polígono do Tambre, no AquaHub A Vila da Auga, a súa primeira sesión Plenaria do presente ano.

Esta iniciativa de "deslocalización" dos Plenos camerais responde á estratexia de aperturar á Cámara ao tecido produtivo da súa demarcación territorial, coa finalidade de propiciar o coñecemento da actividade cameral e dos servizos que a entidade pon ao dispor das súas empresas, e, así mesmo, coñecer o quefacer empresarial da empresa anfitrioa e escoitar as súas demandas e necesidades.

Deste xeito, durante a sesión, na que estiveron presentes,  o director de Viaqua, Iván José Vicente, a xerente de Viaqua en Santiago de Compostela, Ana Tejeiro, e a directora de Marketing e Comunicación, Sonia Delpont, a Presidenta da Cámara, María Pais, e o resto de vogais do Pleno da Cámara de Comercio, pudieron visitar os distintos espazos de traballo desta empresa galega líder na xestión do Ciclo integral da auga, e coñecer os proxectos nos que están a traballar, como o proxecto “OU-inteligente”, no que a empresa mixta AquaOurense (formada pola Deputación provincial de Ourense e Viaqua) conseguiu 7,7 millones de euros no PERTE de dixitalización da agua, sendo o proxecto con mellor puntuación de Galicia; ou a labor desenvolvida por Cetaqua, e seu centro tecnolóxico da auga, especializado, en ofrecer solucións hídricas para conseguir un ciclo da auga máis eficiente e sostible, presentado pola súa xerente, Teresa Alvariño.

Así mesmo, ambas entidades renovaron, un ano máis, o seu convenio de colaboración co obxectivo de seguir fomentando a cooperación entre as dúas entidades. Ambas destacaron a importancia das alianzas entre as entidades públicas e privadas para afrontar os retos do futuro e avanzar cara un desenvolvemento sostible e responsable de Santiago de Compostela e comarca. Este convenio é unha mostra máis da aposta pola colaboración en beneficio da sociedade.

Coa renovación deste acordo, Viaqua, empresa concesionaria da auga en Santiago de Compostela, segue reforzando o seu vínculo con diferentes asociacións santiaguesas, incluíndo organizacións empresariais, institucións públicas, universidade e asociacións veciñais. O director de Viaqua quixo destacar "a labor que a Cámara de Comercio fai polas empresas da comarca e reforzar o compromiso de Viaqua por fomentar as relacións con todos os axentes sociais. Estamos seguros de que xuntos podemos acadar grandes metas e xerar un impacto positivo en Santiago de Compostela".

Por parte da Cámara de Comercio, a súa presidenta, María Pais, destacou "a importancia deste tipo de acordos de colaboración con empresas tractoras no seu sector como é Viaqua. A sinatura deste documento servirá, sen dúbida, para fomentar a colaboración, cooperación e apoio mutuo entre as dúas organizacións en beneficio do tecido empresarial da contorna".

 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña