INTERNATIONAL CREATIVE JAM NA EUROCIDADE CHAVES-VERÍN

06/02/2024

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela participou durante os días 1 e 2 de febreiro na International Creative Jam que tivo lugar en Eurocidade Chaves – Verín.

Mozos de Malta, Rumanía, España e Portugal traballaron en equipos para elaborar 9 prototipos innovadores, poñendo a proba a súa creatividade, co foco posto no futuro de Europa e no desenvolvemento do rural, ofrecendo solucións aos problemas que experimentan como mozos nestas zonas.

A orientación é cara aos mozos e mozas que teñen potencial para seren protagonistas nas súas comunidades de orixe e enfrontarse aos problemas que sofren. O proxecto, pretende ser unha fonte de educación non formal para á mocidade que nel participa, aportando coñecementos que os enriquezan e preparen para a participación nos seus lugares de orixe.

Logo de presentar a súas creacións ante un xurado de expertos elixíronse dous gañadores, a idea do proxecto gañador “Mentor on the move”  buscaba achegar ensinanzas e expertos ás zonas rurais para solucionar os problemas de posibles carencias na educación profesional e escasas oportunidades que ás veces teñen os mozos. Ademais, un segundo premio foi otorgado á proposta “Thermal Go” relacionada coa creación de estacións de carga de vehículos eléctricos con enerxía xeotérmica no rural.

Os equipos premiados recibiron diversos equipos electrónicos.

 

Rural Youth of Europe é un proxecto cofinanciado pola Unión Europea.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña