ASAMBLEA XERAL DE CÁMARAS DE COMERCIO 2024

08/02/2024

A presidenta da Cámara de Comercio de Santiago, María Pais, participou este mércores na Asamblea Xeral de Cámaras do 2024. Dita Asamblea foi presidida por José Luís Bonet, presidente da Cámara de Comercio de España, institución que está a festexar o décimo aniversario da súa creación.

“Dende o ano 2014 coas accións realizadas a través da Cámara de España e da Fundación Incyde, as cámaras de comercio axudamos á mellora da competitividade de 900.000 pemes, á internacionalización de outras 5,2 millóns de empresas, á formación de máis de 400.000 persoas, e á posta en marcha de iniciativas empresariais de máis de 220.000 emprendedores”, asegurou o presidente de Cámara España ao repasar a primeira década de existencia da entidade. Un éxito colectivo da rede de cámaras de comercio, dixo José Luís Bonet, que “responde ao liderazgo social e compromiso coas empresas e a sociedade dos presidentes das cámaras de comercio”.

Durante a súa intervención, o presidente da Cámara de España, defendeu o papel fundamental das Cámaras e o seu papel como “colaboradores idóneos para a xestión dos fondos”, grazas á capacidade da rede de Cámaras, á súa experiencia e natureza de corporación de dereito público ao servizo dos intereses xerais.

Na Asamblea, que reúne a toda a rede de cámaras territoriais, participou a secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez, que recoñeceu o papel fundamental de Cámara España na mellora da competitividade das empresas españolas, sobre todo das pemes.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña