CÁMARA E XUNTA PRESENTAN AS NOVAS AXUDAS POR 4,4M € PARA IMPULSAR A TRANSFORMACIÓN DIXITAL, A INNOVACIÓN E MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL

20/02/2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, acompañado pola Presidenta da Cámara de Comercio, María Pais, presentou esta mañá na sede da Cámara de Comercio de Santiago a nova convocatoria das axudas para a transformación dixital, a innovación e a modernización do comercio retallista e dos talleres artesanais, dotada con 4,4 M€ e aberta á presentación de solicitudes ata o próximo 4 de marzo.

María Pais, Presidenta de la Cámara compostelana, salientou a importancia da  actividade comercial para a nosa economía, ao tempo que destacou que “en contornas altamente volátiles, onde a revolución dixital veu para quedarse, os comercios retallistas e os obradoiros artesáns deben estar capacitados para adaptarse á nova realidade e dar unha resposta de áxil e de calidade aos novos hábitos de compra das persoas consumidoras”.

Neste sentido valorou moi positivamente a iniciativa "como panca para impulsar a transformación dixital e a modernización do sector comercial e artesanal galego", retos ineludibles para incrementar a súa competitividade.

Pola súa banda, o Director Xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, destacou que con estas axudas búscase apoiar ao sector para que se adapte á nova realizade a través da introdución de tecnoloxías que lles permitan conectar coas necesidades do cliente á vez que se melloran os equipamentos dos establecementos para consolidar un comercio de proximidade omnicanle, moderno e sostible.

Por unha parte, os interesados poden optar á liñá de transformación dixital, na que se inclúen actuacións como a implantación de páxina web con ou sen venda en liña, ferramentas de posicionamento dixital, xestión de redes sociais ou loxística e e-commerce, entre outras. As axudas terán unha intensidade do 75% ata un máximo de 12.525 euros dependendo do número de empregados.

Na liña de innovación cóbrense tanto accións de smart retail, dirixidas á transformación dixital do punto de venda e do modelo de negocio - sistemas de click and collect e lockers dixitais, terminais de pago, tecnoloxía de control de stocks ou asistentes virtuais, por exemplo; como de visual merchandising para mellorar a experiencia de compra e que inclúe escaparates virtuais así como pantallas e tótems publicitarios. As axudas tamén cobren o 75% ata 27.750 euros, no primeiro caso, e 10.125, no segundo.

Por último, na liña destinada á modernización hai tres programas de actuación: un destinado á mellora da eficiencia enerxética e dos recursos do local; outro de reforma para mellorar a imaxe do establecemento e outro para a adquisición de equipamento e maquinaria propios da actividade comercial e artesanal. Neste caso a intensidade da axuda é do 60% podendo alcanzar os 7.800 euros no primeiro programa, 3.750 no segundo e 3.600 no terceiro.

 

Programa de Apoio ao Comercio Retallista

 

A Cámara, ten previsto continuar no 2024 co programa de Comercio Retallista, un programa que inclúe un conxunto de actuacións de apoio ao pequeno comercio orientadas a fomentar a innovación e mellorar a súa competitividade.

Durante o ano pasado, en colaboración directa coas asociacións da demarcación, desenvolvéronse 6 accións formativas, alcanzando un total de 159 establecementos comerciais participantes. Así mesmo, realizáronse actividades de promoción do comercio local a través do desenvolvemento de accións de dinamización e incentivación das vendas, xerándose impactos directos en 843 establecementos comerciais. Campañas de promoción de vendas a través de redes sociais, reparticioón de material promocional como bolsas reutilizables, lapis, embalaxes, señalizadores externos, valos publicitarios, ...forons algunhas das actuacións executadas con cargo a este programa.

 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña