PREMIO PEME DO ANO 2024

23/02/2024

Banco Santander, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Cámara de A Coruña convocan, en colaboración coa Cámara de España e o xornal La Voz de Galicia, a oitava edición do Premio Peme do Ano. O obxectivo deste certamen é recoñecer a labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño da súa labor cotidiana.

O prazo de presentación de candidaturas para o premio Peme do Ano 2024 comenza o 23 de febreiro e pecharase ás 20:00 horas (hora peninsular) do próximo 8 de abril. 

A esta nova convocatoria poden concurrir todas as pequenas e medianas empresas da provincia con menos de 250 empregados e cunha facturación inferior aos 50 millóns de euros ao peche do exercicio 2023 que teñan a sede social na provincia de A Coruña.

Ademais da elección da Peme do Ano, o xurado poderá conceder, catro accésits nas categorías de Internacionalización, Innovación e Dixitalización, Formación e Emprego e Peme Sostible.

A empresa gañadora concurrirá ao Premio Nacional Peme do Ano 2024, que se fallará no primeiro trimestre de 2025. Igualmente, as empresas gañadoras dos diferentes accésits concurrirán ao Premio Nacional nas súas respectivas categorías.

Como participar

As empresas interesadas deberán cubrir o formulario de inscrición que atoparán nas páxinas web da Cámara de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio de A Coruña, onde tamén poden consultar as bases do concurso.

O xurado valorará nas súas deliberacións méritos como a creación de emprego, con especial atención ao emprego indefinido; as accións de formación para os empregados; a internacionalización da empresa; as iniciativas de dixitalización e innovación, así como os proxectos sostibles nos que participaron.

9.176 pemes participantes dende a creación do Premio

O Premio Peme do Ano consolídase con esta oitava edición como o galardón de referencia para as pequenas e medianas empresas españolas.  O ano pasado, séptima edición do Premio, inscribíronse un total de 1.740 empresas das 50 provincias e participaron 52 Cámaras de Comercio territoriais, 13 Direccións Territoriais do Banco Santander e as principais cabeceiras da prensa española. Desde 2017, ano do seu lanzamento, xa son 9.176 pemes as que participaron neste certame.

 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña