PROXECTO ATLANTIC INNOBLUE COMMUNITIES

14/03/2024

A Cámara de Comercio de Santiago convocou, onte día  13 de marzo, xunto a Vida Láctea unha Mesa Redonda Nacional de economía azul do proxecto Atlantic Innoblue Commmunities (ATLIC), co fin de analizar os resultados dunha enquisa realizada entre numerosos profesionais e impulsores de sectores relacionados coa economía azul. O obxectivo principal do proxecto Atlic é crear Comunidades Innovadoras do Atlántico coa axuda dos máis novos.

Durante a sesión foron expostos os principais retos e problemas que os enquisados identificaron nas súas respostas, dándolles a oportunidade de opinar e debatir sobre aqueles que máis se repetían ou chamaban a atención. Estos retos serán levados a unha Mesa trasnacional que terá lugar o día 19 de marzo e na que participarán membros das mesas nacionais de Francia, Irlanda, Portugal e España. 

ATLIC é un proxecto cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa Interreg Área Atlántica.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña