XORNADA NO IES AS FONTIÑAS

16/02/2024

Un ano máis a Cámara e o Concello de Santiago colaboran na difusión dos valores empresariais entre o alumnado da cidade. No día de onte tivo lugar a xornada de fomento do espíritu emprendedor no IES As Fontiñas, nela participaron un grupo de rapaces que están a cursar os Ciclos Formativos de Edificación e Obra Civil.

Estas xornadas teñen como obxectivo principal o de fomentar o espírito emprendedor dende idades temperás, especialmente entre o alumnado de ciclos formativos, mostrándolles aos mozos a opción do autoemprego como unha alternativa viable.

 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña