O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e as Cámaras de Comercio poñen en marcha unha campaña de apoio ao sector comercial

11/05/2020

O Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, a través da Secretaría de Estado de Comercio, e as Cámaras de Comercio, puxeron en marcha este luns a campaña #TeEstamosEsperando de apoio á actividade comercial.

O lanzamento coincide co inicio da fase 1 do Plan para a Transición a unha Nova Normalidade na totalidade do territorio de once Comunidades Autónomas, de maneira parcial noutras cinco, e nas Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

A campaña, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, pon en valor atributos do comercio como a proximidade, a confianza e a calidade, e resalta as medidas de seguridade que o sector adoptou para garantir aos seus clientes unha compra con todas as medidas de seguridade.

Para a secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez, “resulta necesario recuperar os espazos comerciais como dinamizadores da vida en pobos e cidades, e xeradores dun primeiro impulso para a recuperación da economía”.

Pola súa banda, o presidente da Cámara de Comercio de España, José Luis Bonet, subliñou a importancia do comercio na actividade económica e o emprego, polo que “é fundamental brindarlles todo o apoio posible desde o sistema cameral”.

#TeEstamosEsperando desenvolverase a través dos perfís institucionais do Ministerio, a Cámara de Comercio de España e da rede cameral nas redes sociais, así como nas canles de Youtube da Cámara e do Ministerio, coa etiqueta # TeEstamosEsperando.

 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña