Presentación do Kit Dixital en Santiago de Compostela

15/02/2022

A Sala Cinc da Cidade da Cultura de Galicia foi o esceario elexido esta mañá para a presentación do Kit Dixital en Santiago de Compostela. Na apertura institucional participaron Alberto Martinez, director xeral de Red.es e, Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.


A continuación presentouse o programa Kit Dixital por parte de Luis Prieto, director de economía dixital de Red.es; así como a presentación das solucións do kit, por parte de Lucía Gómez, experta en dixitalización.


Por último celebrouse unha mesa redonda con casos de éxito en transformación dixital de Pemes moderada pola secretaria xeral da Camara de Comercio de Santiago de Compostela, Rosa Mary Cardeso e na que os participantes contaron o seu proceso de dixitalización nas súas empresas:

  • Marta Calvo, propietaria de Amaranto Concept Store
  • Ramón Blanco, CEO de Castrobrey e,
  • Maria Pais, adxunta á dirección de Laboratorios Ozoaqua e representante do comité executivo da Cámara


O Programa Kit Dixital ten por obxecto a concesión de axudas a pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego para a adopción de solucións de dixitalización dispoñibles no mercado. Os beneficiarios recibirán unha axuda en función do seu tamaño, medindo este segundo o seu número de empregados.


A implantación das solucións dixitais realizarase a través de empresas adheridas ao Programa Kit Dixital como Axentes Dixitalizadores Adheridos que pasarán a formar parte do Catálogo de Axentes Dixitalizadores que se publicará na plataforma Acelera Peme.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña