XORNADA DE PROMOCIÓN - CONSORCIOS EMPRESARIAIS FRONTERIZOS

20/06/2022

Esta mañá tivo lugar no espazo de coworking dixital da Camara de Comercio de Santiago de Compostela unha xornada do proxecto europeo Spin_UP, cofinanciado polo programa Interreg POCTEP.


A xornada estivo organizada pola nosa Cámara, como socios do proxecto e na que se contou coa participación duns 30 asistentes tanto en formato presencial como virtual así como con todos os socios: Instituto Galego de Promoción Económica, Área Empresarial do Tambre, ANJE - Associação Nacional de Jovens Empresários, Universidade de Porto e Uninova, líder do consorcio.


Nesta xornada presentáronse algunhas das liñas de traballo do proxecto en relación á promoción de consorcios empresariais transfronteirizos, as xornadas e encontros que se realizaron no marco do proxecto e ademais, contouse coa participación da Eurocidade Chaves- Verin, presentando a súa técnica de proxectos, Nerea Pérez Adriano, as principais liñas e de traballo da AECT.


A Fundación Galicia Europa participou coa presentación do proxecto de cooperación transfronteirizo LIDERA por parte da directora de proxectos europeos, Pilar del Oro, e Esperanza Mara Filgueira Rama, da empresa Emanarche, iniciativa xurdida do mesmo proxecto, e a consultora portuguesa de proxectos europeos, Diana Pereira, especialista en proxectos transfronteirizos.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña