PROXECTO EUROPEO TOWAV

13/11/2022

Unha delegación do sector turístico de Armenia no marco do proxecto europeo TOWAV, proxecto que conta co apoio de Eurochambres e Eu4Business: Connecting Companies, está a facernos unha “visita de estudo” a Galicia. O proxecto Eu4Business ten como obxectivo apoiar o desenvolvemento económico sostible e a creación de emprego nos países da Asociación Oriental axudando ás Pemes a medrar, especialmente promovendo un maior comercio, fomentando o investimento estranxeiro e fortalecendo os vínculos comerciais con empresas da UE.

O principal obxectivo desta actividade é compartir experiencias con empresas galegas do sector vitivinícola e aprender como se organiza en Galicia o enoturismo. Para elo estanse a realizar actividades de aprendizaxe con diversas empresas, como a xornada formativa “Como facer visitable a miña adega e viñedo”, a visita a Adega Valdés, ao Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, ou ao Coworking A Estación de Vedra. Estando en Santiago non podían perderse a experiencia de coñecer de primeira man o seu Mercado de Abastos. Outra das visitas realizadas durante estos días foi a Casa Nordés, onde lles explicaron todo o relativo ao proceso de elaboración da súa marca Nordés Gin.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña