PROGRAMA DE ANIMACIÓN 2D/3D E EMPRENDEMENTO

06/03/2023
 

 

Comezamos semana e tamén nova actividade formativa, o PROGRAMA DE ANIMACIÓN 2D/3D E EMPRENDEMENTO, organizado pola Fundación Incyde, cofinanciado polo FSE, en colaboración co Concello de Santiago e coa Cámara de Comercio. Esta actividade formativa impártese en modalidade semipresencial dende o día de hoxe ata o 21 de abril, durante estas semanas os participantes contarán tanto con sesións conxuntas como titorías individualizadas.  O sector dos videoxogos e a animación 2D e 3D é o de maior potencial de crecemento e innovación da industria dos contidos dixitais en España. O desenvolvemento de videoxogos é un campo profesional prometedor que demanda perfís con formación especializada. O obxectivo deste programa é dar a coñecer aos seus participantes como funciona este sector, as  ferramentas a empregar , as habilidades máis demandadas e como elaborar unha estratexia persoal para mellorar o perfil profesional.

Durante o acto de inauguración participaron o Director de proxectos, Efrén Miranda, José María Párraga, Subdirector Xeral da Fundación Incyde e Fernando Pérez-Soba, Secretario Accidental da Cámara de Comercio.
 

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña