PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO XUVENIL

11/04/2023

Iniciamos un novo programa orientado a moz@s menores de 30 anos inscrit@s no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, trátase do ???????? ?? ????????????? ??????? que se impartirá en modalidade online dente o 10 de abril ata o 26 de maio. Esta actividade formativa é impartida en colaboración coa Fundación Incyde, o Concello de Santiago e a Cámara de Comercio de Santiago, cofinanciado polo FSE.

Este programa ten como obxectivo promover o espírito empresarial e a cultura emprendedora entre os mozos, apostando polo emprendemento e o autoemprego como dúas opcións de acceso ao mercado laboral. Para crear unha empresa ou consolidar unha empresa precísanse, ademais de determinadas capacidades, moitas horas de traballo e formación no terreo empresarial. Todo iso ha de ir acompañado dunha forte motivación, que resulta vital para conseguir o obxectivo e que provén, na maioría dos casos, dunha actitude emprendedora e activa.

A través deste programa preténdese:

• Fomentar o desenvolvemento de competencias emprendedoras entre as persoas mozas.

• Promover o éxito empresarial entre os participantes, a través de novas oportunidades de crecemento e a creación de actitudes empresariais.

• Proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver o Plan de Empresa / Plan de Mellora.

• Dotar aos mozos das ferramentas e as habilidades necesarias para identificar, definir e modelar o seu modelo de negocio.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña