REUNIÓN ENTRE O PRESIDENTE DA CÁMARA DE COMERCIO DE ESPAÑA E OS PRESIDENTES DAS CÁMARAS GALEGAS

05/05/2023

O pasado mércores, 3 de maio, tivo lugar unha reunión entre o presidente da Cámara de Comercio de España, D. José Luis Bonet, e os presidentes das cámaras de comercio galegas. A Cámara de Comercio de Santiago estivo representada pola nosa presidenta, Dª María Pais Fajín. Ao encontro asistiron tamén os máximos representantes da Cámara de Comercio de Lugo; da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa; da Cámara de Comercio de Tui e da Cámara de Comercio da Coruña. Durante a reunión, as cámaras galegas, en tanto que organismos vertebradores do tecido produtivo da nosa comunidade,  trasladaron ao Sr. Bonet os proxectos e liñas de actuación estratéxicas que están a levar a cabo co obxectivo de axudar ás empresas da rexión a facer fronte aos retos actuais nun mercado altamente volátil. A Cámara de Santiago propuso a elaboración, a través do Consello Galego de Cámaras, dunha proposta conxunta de programas e actividades a desenvolver polas cámaras galegas en colaboración coa administración autonómica. A proposta foi ben recibida pola Cámara de Comercio de España, quen ofreceu a súa colaboración para contribuir á mellora da competitividade das empresas galegas.

Proxecto financiado pola Deputación da Coruña