A CÁMARA REÚNESE CO CONCELLO DE BOIRO NA BÚSQUEDA DE LIÑAS DE COLABORACIÓN MUTUAS

27/10/2023

A Presidenta da Cámara de Comercio de Santiago, María Pais, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, mantiveron unha reunión co obxectivo de explorar vías de colaboración en materia de promoción industrial e empresarial. Co obxectivo de achegar os servizos da entidade cameral ao tecido produtivo da comarca do Barbanza, ambas as entidades analizaron a posibilidade de retomar a actividade da “antena” cameral situada anteriormente no consistorio boirense, así como a colaboración no ámbito da formación empresarial. Así mesmo, tanto o concello como a Cámara, apostan firmemente polo modelo de transición enerxética baseado no autoconsumo colectivo a través da posta en marcha de comunidades enerxéticas locais, especialmente, no ámbito dos parques empresariais. A Cámara considera que a promoción destas comunidades, no ámbito dos polígonos industriais, como o de Espiñeira, revélase como un factor crave para a mellora da competividad empresarial, ao permitir a redución dos custos enerxéticos das empresas participantes da CEL, e contribuír á consecución dun obxectivo de gran dimensión que ten un enorme potencial transformador a escala non só local, senón tamén autonómica e nacional, apoiando ás pemes e á transformación enerxética nacional.

 

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña