VISITA DA EMBAIXADORA DE TURQUÍA EN ESPAÑA

21/11/2023

Durante o día de hoxe recibiuse a visita da Embaixadora de Turquía en España, Dª Nüket Küçúkel Ezberci e do Cónsul Honorario de Turquía en Galicia, D. Francisco Peleteiro.

O obxectivo desta visita á institución cameral é a explorar diferentes vías de colaboración que faciliten o incremento das relacións comerciais das empresas da demarcación compostelá con Turquía, país co que a Cámara de Santiago ten unha ampla tradición na realización de misións comerciais a través do Plan de Fomento das Exportacións Galegas. Neste sentido, no ano 2022 a Cámara organizou unha misión comercial ao país turco na que participaron empresas do sector da automoción, do aluminio para a construcción, de maquinaria para a industria conserveira, de telecomunicacións e do sector da madeira e téxtil.

Pola súa parte, a Sra. Embaixadora manifestou o seu interese en profundizar nas relacións comerciais coas empresas da demarcación cameral, especialmente no sector enerxético e biotecnolóxico, así como o seu desexo de que nun curto prazo de tempo Turquía poda ser membro da Unión Europea.

 

 

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña