A CÁMARA DE COMERCIO PARTICIPA NA REUNIÓN DE APERTURA DO PROXECTO ATLIC

13/12/2023

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela participou esta pasada semana en Santo Tirso no acto de apertura do proxecto Atlic, xunto a outros nove socios de diferentes países como Francia, Portugal e Irlanda.

O acto tivo lugar os días 6 e 7 de decembro na Fábrica de Santo Tirso e durante as reunións os asistentes participaron en debates, talleres e sesións de networking para sentar as bases desta novidosa Comunidade Azul de Innovación Atlántica. O evento permitiu así crear as bases dunha plataforma na que socios e partes interesadas compartirán a súa visión, contribuindo deste xeito ao desenvolvemento do proxecto.

ATLIC xorde como unha iniciativa para aprender e explorar as posibilidades que ofrecen o mar e a natureza en termos de desenvolvemento económico e de sostibilidade. Un dos aspectos máis importantes do proxecto e a participación da xuventude, fomentándose a vinculación activa dos mesmos na toma de decisións e na búsqueda de solucións innovadoras.

ATLIC é un proxecto cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa Interreg da Área Atlántica.

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña