REUNIÓN DO FORO CÍVICO CON REPRESANTES DO PARTIDO POPULAR E DO PARTIDO SOCIALISTA DE SANTIAGO

15/12/2023

O pasado mércores, 13 de decembro, tivo lugar unha nova reunión do Foro Cívico de Santiago nas instalacións do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos e Industriais de A Coruña con representantes do Grupo do Partido Popular en Santiago e con representantes do Grupo Socialista da Cidade.

A primeira intervención foi de Borja Verea, que asistiu xunto aos concelleiros José Antonio Constela, Olaya Otero e José Ramón de la Fuente.  Transmitiron que un dos puntos que máis lles preocupa é o tema da vivenda, o líder do PP considera “necesario poñer en marcha iniciativas modernas que incrementen a oferta a prezo asumible.

A segunda intervención foi por parte de Gonzalo Muíños, do Grupo Socialista de Santiago. Un dos temas tratados durante a reunión foi o problema de mobilidade na contorna do Hospital Clínico, recordando que o CHUS da servizo a 450.000 persoal de 49 concellos diferentes, sendo 8 de cada 10 pacientes que acoden ao Clínico de fóra de Santiago.

Entre os integrantes do devandito Foro Cívico atópanse: Universidade de Santiago de Compostela, Cámara de Comercio, Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago e Comarca, Fundación Santiago Centro, Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Rotary Club, Real Sociedade Económica de Amigos do País, Fundación Roteiro Xacobeo do Mar de Arousa e Ulla, Asociación de Antigos Alumnos da Universidade, Asociación de Xornalistas de Santiago, Compostela Solidaria, Asociación Vicus Francorum, Colexio Maior A Estila, Colexio de Avogados, Colexio de Economistas, Colexio de Arquitectos, Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais, Colexio de Procuradores e Ateneo de Santiago.

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña