NOVA RURAL INTERNATIONAL CREATIVE JAM NO MES DE FEBREIRO

02/01/2024

Gustaríache poñer a proba a túa creatividade? Se tes entre 18 e 30 anos, un bo nivel de inglés e tes interese no emprendemento rural, temos o evento axeitado para ti. Traémosche unha nova Rural International Creative Jam que terá lugar os días 1 e 2 de febreiro en Eurocidade Chaves - Verín. Este evento é parte do proxecto RuYou cofinanciado polo programa europeo CERV, que pretende potenciar o desenvolvemento e a innovación no rural a través do emprendemento xuvenil.

Así, terás a oportunidade de coñecer xóvenes de outros países e pór en conxunto esforzos para desenvolver novas ideas e proxectos. As inscricións están abertas ato o 8 de xaneiro. Agardamos que te animes, vémonos pronto!

Inscríbete na seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc7ENuHmICHNZGi5RtmkzQHTCl5npbm3NJCoJXmh64QTfkEhA/viewform?usp=sf_link

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña