PRESENTAMOS O PROXECTO ERASMUS EMPRENDEDORES NO CIFP AUDIOVISUAL DE VIGO

26/01/2024

O pasado xoves 25 de xaneiro, desde o Departamento de Proxectos Europeos da Cámara de Santiago de Compostela visitamos o teatro do CIFP Audiovisual, na cidade de Vigo, para presentar o programa de mobilidade para novos e potenciais empresarios, o Erasmus para Xoves Emprendedores (EYE) ao alumnado dos diferentes ciclos medios e superiores que son impartidos no centro, así como ao seu profesorado. Foi unha xornada moi proveitosa na que puidemos dar a coñecer un programa tan interesante para a xente nova, que ofrece unha oportunidade única a quen ten a intención de entrar ou de medrar no mundo do emprendemento.

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña