Premio Peme do Ano 2022

28/04/2022

O prazo de inscrición ao Premio Peme do Ano de A Coruña 2022 amplíase, ata as 00:00 horas do luns 16 de maio. As empresas interesadas teñen dúas semanas máis para inscribirse ou completar as súas candidaturas a este premio, convocado por Banco Santander, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Cámara de A Coruña, en colaboración coa Cámara de España e o diario La Voz de Galicia co obxectivo de recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián.

En cada provincia elixirase á Peme do Ano e o xurado poderá conceder, ademais, catro accésits nas categorías de Internacionalización, Innovación e Dixitalización, Formación e Emprego e Peme Sostible.

Poden concorrer a este premio todas as pequenas e medianas empresas de menos de 250 empregados e cunha facturación inferior aos 50 millóns de euros ao peche do exercicio 2021. As empresas deberán presentar as súas candidaturas nas provincias onde teñan domiciliada a súa sede social.

Como participar

As empresas interesadas deberán encher o formulario de inscrición que atoparán na web da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e da Cámara de A Coruña, onde tamén se publicarán as bases do concurso. O xurado valorará nas súas deliberacións méritos como a creación de emprego, con especial atención ao emprego indefinido e as accións de formación para os empregados, a internacionalización da empresa, as iniciativas de dixitalización e innovación, así como os proxectos sostibles.

5.700 pemes participantes desde a creación do Premio O Premio Peme do Ano consolídase como o galardón de referencia para as pequenas e medianas empresas españolas. Na súa última edición, inscribíronse un total de 1.770 empresas das 50 provincias e a Ciudad Autónoma de Ceuta, e contou coa participación de 47 Cámaras de Comercio territoriais.

A empresa gañadora concorrerá ao Premio Nacional Peme do Ano 2022, que se fallará no primeiro trimestre de 2023. Igualmente, as empresas gañadoras dos diferentes accésits concorrerán ao Premio Nacional nas súas respectivas categorías.

 

BASES (preme)

INSCRICIÓN (preme)

 

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña