PROGRAMA DE APOIO EMPRESARIAL ÁS MULLERES- PAEM

08/03/2023

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela sitúase no primeiro posto a nivel Galicia do ranking do Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres (PAEM), cos mellores resultados en 2022 en número de usuarias, demandas de asesoramento e creación de emprego. Prestou asesoramento a máis de 250 mulleres, axudándoas a crear o seu propio posto de traballo.

O PAEM é un programa que naceu hai máis de vinte anos e está desenvolto pola Cámara de Comercio de España, a través da rede de cámaras territoriais, o Instituto de las Mujeres, de la Secretaría de Estado de Igualdad y Contra la Violencia de Género del Ministerio de Igualdad, co financiamiento do Fondo Social Europeo. Ten como obxectivo primordial sensibilizar ás mulleres e ao seu contorno cara o autoemprego e a actividade empresarial e actuar como instrumento eficaz para a creación e consolidación de empresas. O programa apoia calquera fase do proxecto, tanto no inicio da idea empresarial, como na súa posta en marcha e consolidación.

Os técnicos especializados da Cámara de Santiago ofrecen información sobre oportunidades de autoemprego, lexislación, trámites, formas xurídicas e redes de contacto. Asesoran de forma personalizada sobre plans de viabilidade, xestión empresarial ou novas tecnoloxías, axudan a preparar o plan de empresa para presentalo ante os posibles financiadores, e respaldan as peticións de financiamiento coas entidades coas que existen acordos previamente suscritos, entre outros servizos.

Tamén conta con asesoramento en liña desde a páxina web https://empresarias.camara.es/, onde en menos de 48 horas resólvense as dúbidas expostas polas emprendedoras. O programa facilita ademáis o financiamiento dos proxectos impulsados por mulleres a través dos microcréditos sen avais nin garantías de Microbank de Caixabank.

O perfil da muller PAEM é o dunha emprendedora entre 25 e 54 anos con estudos universitarios e en paro durante menos de 12 meses.

O perfil da muller PAEM, segundo os datos manexados pola Cámara de Comecio, é o dunha emprendedora, cunha idade comprendida entre os 25 e os 54 anos, que leva menos dun ano en paro, se ben cada vez son máis as mulleres que acceden ao autoemprego desde unha experiencia por conta allea, e con estudos universitarios. Por áreas de actividade, o maior número de novas empresas está adicado ao comercio ao por menor e ao sector servizos.

 

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña